CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1778 votos
Votar | | | |


20-06-2022

Praza de técnico/a de normalización lingüística no Concello de Val do Dubra

Concello de Val do Dubra
O Concello de Val do Dubra publicou no BOP de hoxe as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística (funcionario/a interino/a). O sistema de selección é a oposición libre e o prazo de inscricións é de 8 días hábiles.




O Concello de Val do Dubra publicou no BOP do 20 de xuño de 2022 as bases e a convocatoria dunha praza de técnico/a de normalización lingüística e apoio á Secretaría, como funcionario/a interino/a.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

Trátase dunha praza do grupo A, subgrupo A2, nivel de complemento de destino 26, pertencente á escala de Administración especial, que se cubrirá en réxime de interinidade. O proceso selectivo servirá, así mesmo, para crear unha bolsa de traballo para cubrir hipotéticas substitucións.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Requírese licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou calquera outra licenciatura ou grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.

SISTEMA DE SELECCIÓN

O proceso de selección consistirá nunha oposición libre, que incluirá dúas probas obrigatorias e eliminatorias:

- Primeira proba: consistirá na resolución por escrito dun cuestionario de oitenta (80) preguntas tipo test, e (5) preguntas de reserva, con tres respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes á parte xeral do programa que figura como anexo I das bases. O tempo de desenvolvemento desta proba será dun máximo de sesenta (60) minutos.

As respostas correctas valoraranse con 0,50 puntos, as non contestadas non se computarán e cada resposta incorrecta restará 0,25 puntos. A puntuación máxima deste exercicio será de 40 puntos e será preciso acadar unha puntuación mínima de 20 puntos para superar o exercicio.

- Segunda proba: dividirase en dúas partes de carácter obrigatorio e eliminatorio para as persoas aspirantes que superasen o exercicio obrigatorio previo:

a) Primeira parte: consistirá na resolución por escrito, nun tempo máximo de dúas (2) horas, de catro cuestións que formulará o tribunal, relacionadas coas materias correspondentes á parte específica do programa que figura como anexo I das bases. Estará dirixido a apreciar os coñecementos dos/das aspirantes relativos á materia específica do programa. Terase en conta a claridade e concisión na exposición das ideas, ademais do dominio da materia. A cualificación global deste exercicio será de 0 a 40 puntos. Cada pregunta cualificarase de 0 a 10 puntos, e será preciso acadar a puntuación mínima de 5 puntos en cada unha das cuestións para superalo.

b) Segunda parte: consistirá na realización dun suposto práctico dirixido a apreciar a capacidade dos aspirantes para levar a cabo as tarefas relacionadas co posto de traballo a que fai referencia o programa. Valorarase o rigor analítico, a sistemática e o conxunto de ideas en canto á elaboración dunha proposta razoada para a súa resolución. O tempo máximo para a súa realización, será de dúas (2) horas. O exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, e será necesaria para superalo unha puntuación mínima de 5 puntos.

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 8 días hábiles que se contarán desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP. É dicir, o prazo finaliza o 1 de xullo de 2022.

TAXA DO PROCESO SELECTIVO

A taxa para participar neste proceso selectivo é de 22,24 euros.

BOLSA DE TRABALLO

Constituirase unha bolsa de emprego coas persoas que superen o proceso selectivo e non resulten seleccionadas, para ser utilizada en futuros chamamentos que poidan resultar necesarios para cubrir vacantes temporalmente debidas a renuncias ou situacións de incapacidade temporal, maternidade ou paternidade do persoal municipal, entre outras. A bolsa será ordenada segundo a puntuación obtida no proceso selectivo. A bolsa de traballo terá unha vixencia de tres (3) anos.

Bases e convocatoria en .pdf (BOP do 20 de xuño de 2022)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego