CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


227 votos
Votar | | | |


22-06-2022

O proceso de estabilización de prazas derivado da Lei 20/2021 afectará a 38 prazas de lingua

Está en marcha o proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Logo da publicación das ofertas de emprego serán 38 as prazas de lingua que se ofertarán neste proceso, que deberán ser convocadas antes do 31 de decembro de 2022.


OBXECTO DESTA LEI

A Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, ten por obxecto situar a taxa de temporalidade estrutural por baixo do 8 por cento no conxunto das administracións públicas españolas. A reforma actuará en tres dimensións:

  • Adopción de medidas inmediatas para remediar a elevada temporalidade existente,

  • articulación de medidas eficaces para previr e sancionar o abuso e a fraude na temporalidade a futuro e

  • potenciación da adopción de ferramentas e unha cultura da planificación para unha mellor xestión dos recursos humanos.

A QUEN AFECTA?

(Artigo 2 da Lei 20/2021 e do Real decreto lei 14/2021 e disposición adicional sétima da Lei 20/2021)

  • Calquera administración pública estatal, autonómica e local;

  • ao persoal investigador;

  • e ao persoal das sociedades mercantís pública, entidades públicas empresariais, fundacións do sector público e consorcios do sector público.

QUE PRAZAS SE INCLUIRÁN?

(Artigo 2.1 da Lei 20/2021 e do Real decreto lei 14/2021)

  • Prazas de natureza estrutural que, estean ou non dentro das relacións de postos de traballo, cadros de persoal ou outra forma de organización de recursos humanos previstos nas distintas administracións públicas e que estean dotadas orzamentariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

  • As prazas afectadas polos procesos de estabilización previstos nos artigos 19.un.6 da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e 19.un.9 da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, serán incluídas dentro do proceso de estabilización descrito no parágrafo anterior, sempre que estivesen incluídas nas correspondentes ofertas de emprego público de estabilización e, chegada a data de entrada en vigor desta lei, non fosen convocadas ou, sendo convocadas e resoltas, quedasen sen cubrir. Non obstante, engadiranse as prazas que con posterioridade á entrada en vigor da Lei 20/2021 queden desertas pola non superación do proceso selectivo convocado.

  • Aquelas prazas que, reunindo os requisitos establecidos no artigo 2.1 da Lei 20/2021, estivesen ocupadas con carácter temporal de forma ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016.

COMO SERÁN OS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN?

(Artigo 2.4 da Lei 20/2021 e disposicións adicionais cuarta, sexta e oitava da Lei 20/2021)

Os procesos para a adxudicación destas prazas garantirán o cumprimento dos principios de igualdade, mérito, capacidade, publicidade e libre concorrencia.

A modalidade do proceso selectivo dependerá da data en que a praza fose ocupada de maneira temporal:

  • Prazas ocupadas de maneira ininterrompida e de forma interina cando menos desde o 31 de decembro de 2017: concurso-oposición.

  • Prazas ocupadas de forma temporal antes do 1 de xaneiro de 2016: o proceso será o de concurso.

PRAZOS

  • As ofertas de emprego público deberán ser aprobadas e publicadas nos diarios oficiais antes do 1 de xuño de 2022;

  • as convocatorias deberán publicarse antes do 31 de decembro de 2022;

  • todos os procesos de estabilización deberán estar resoltos antes do 31 de decembro de 2024.


PRAZAS DE LINGUA QUE FORON PUBLICADAS

Provincia da Coruña: Administración local

- Concello de Ames

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello da Baña

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 20 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Carral

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Carnota

  • Nome da praza: normalización lingüística e animación á lectura

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Dumbría

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 23 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Ferrol

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Fisterra

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Muros

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 25 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Oleiros

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

  • Nome da praza: normalizador/a

  • Tipo: persoal laboral (concurso-oposición)

  • Data de publicación no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Outes

  • Nome da praza: técnico/a de promoción/normalización lingüística e sociocultural

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 24 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Pontedeume

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/ da área de Administración Xeral e réxime interno

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 4 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Ribeira

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 12 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Santiago de Compostela

  • Nome da praza: técnico/a de normalización

  • Tipo: persoal funcionario (concurso-oposición)

  • Datas de publicación no BOP: 1 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf) e 6 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Teo

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Datas de publicación no BOP: 23 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf) e 2 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf)

Provincia de Ourense: Administración local

- Concello de Ourense

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

Provincia de Pontevedra: Administración local

- Concello do Grove

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Ponteareas

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación no BOP: 16 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Concello de Pontevedra

  • Nome da praza: asesor/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

Administración autonómica

- Xunta de Galicia

  • Nome da praza: titulado/a superior lingüista (18 prazas)

  • Tipo: persoal laboral (11 por concurso e 7 por concurso-oposición)

  • Data de publicación no DOG: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

- Xunta de Galicia

  • Nome da praza: tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación no DOG: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Setembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
          1 2 3 4
    5 6 7 8 9 10 11
    12 13 14 15 16 17 18
    19 20 21 22 23 24 25
    26 27 28 29 30   
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • Gústame... o galego
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Axenda da lingua
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego