18-07-2022A VII Xornada de Onomástica Galega abordará os nomes na literatura

O programa desta
VII Xornada de Onomástica Galega incidirá no
estudo da función e da significación dos nomes propios na literatura, un campo pouco explorado no ámbito galego.
INSCRICIÓNSA inscrición na xornada é gratuíta. Para asistir é necesario formalizala enviando un correo electrónico
antes do 12 de outubro a
publicacions@academia.gal onde figuren os seguintes datos:
- Nome e apelidos
- DNI
- Teléfono
Ao final da xornada entregarase un
diploma de asistencia.
PROGRAMASESIÓN DE MAÑÁ10:00 h: inauguración
10:30 h:
A onomástica na obra de Rosalía de Castro: algúns principios e perfís, Anxo Angueira (Universidade de Vigo, Fundación Rosalía de Castro)
11:00 h:
Seguirán falando os nomes a voces. Toponimia e ecopoesía na literatura galega, M.ª Xesús Nogueira Pereira (Universidade de Santiago de Compostela)
11:30 h:
Nomes artúricos en Galicia, Antón Palacio (Real Academia Galega, Universidade de Vigo)
12:00 h: debate
12:30 h: descanso
13:00 h:
A onomástica como recurso da crítica textual. O caso da poesía trobadoresca galego-portuguesa, Bieito Arias Freixedo (Universidade de Vigo)
13:30 h:
O misterio do nome: etimoloxía e alegoría nas lendas de Troia, Helena de Carlos Villamarín (Universidade de Santiago de Compostela)
14:00 h: debate
14:30 h: pausa para o xantar
SESIÓN DE TARDE16:30 h:
A literatura no mapa: a onomástica como identidade, intervención didáctica, Marga do Val (Instituto Rosalía de Castro, Santiago de Compostela)
17:00 h:
A elección dos nomes dos personaxes na narrativa galega, mesa redonda
Modera: Marilar Aleixandre
Participan:
Berta Dávila
Marcos Calveiro
Fina Casalderrey
18:00 h: debate
18:30 h:
Cántico dos topónimos esdrúxulos, acto poético e musical, Xosé María Álvarez Cáccamo
19:00: clausura
As sesións desenvolveranse no
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra (rúa de P. Amoedo Carballo, 3, Pontevedra) e os relatorios tamén serán emitidos
en directo a través de academia.galMáis información
aquí.
Programa en .pdfA Real Academia Galega e a Deputación de Pontevedra coorganizan dende 2016 as xornadas anuais do Seminario de Onomástica da RAG, que estiveron dedicadas en edicións anteriores á
microtoponimia, aos
nomes e apelidos, aos
alcumes, aos
nomes das rúas, aos
nomes comerciais e
á onomástica do Camiño de Santiago.