CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1320 votos
Votar | | | |


26-07-2022

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda

Concello de Neda
O Concello de Neda aprobou a súa Ordenanza de normalización lingüística. Tras a aprobación provisional o 30 de maio de 2022 e logo da fase de información pública, publicouse definitivamente no BOP da Coruña do 26 de xullo de 2022.








O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 26 de xullo de 2022 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda, un texto aprobado no Pleno municipal o 30 de maio de 2022.

Este texto normativo do Concello de Neda declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese que "O Concello de Neda empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galiza e con aqueloutras que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 20 artigos distribuídos en 13 capítulos regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; na compra de bens e materiais e no encargo e contratación de servizos; na sinalizacións e rotulación; nas relacións con outras administracións; nas relacións coas empresas privadas; polo persoal ao servizo da Administración; e na toponimia, nomes de rúas, emprazamentos ou edificios.

Tamén se establece no seu articulado a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma galego e o labor de mellora da calidade lingüística e da linguaxe democrática e inclusiva.

SEN MENCIÓN DO DEPARTAMENTO TÉCNICO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A pesar de que o Concello de Neda conta cun servizo de normalización lingüística compartido coa Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, no texto da ordenanza non se fai referencia a ningún departamento técnico que asesore a institución para desenvolver as accións de impulso institucional do idioma mencionadas no artigo 19, entre elas, pór en marcha "programas dirixidos á poboación e ás entidades asociativas ou empresariais do municipio para conseguir a implicación progresiva de todos os colectivos no proceso de recuperación social da lingua galega", ou fomentar "o uso e prestixio do galego na transmisión interxeracional, na mocidade, na onomástica, no deporte, nas novas tecnoloxías, na creación e difusión cultural, no ámbito empresarial e comercial, na comunicación, na xustiza, no lecer, na educación, na sanidade, no ámbito relixioso, no turismo, na integración social, na música, no asociacionismo, etc.".

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Neda, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego