CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


2400 votos
Votar | | | |


09-09-2022

Novo curso da CTNL: Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador

Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador
A CTNL organiza o curso Fundamentos de márketing e comunicación. O idioma como elemento diferenciador. Impartirao Xosé Luís Reza, licenciado en Administración e Dirección de Empresas e especialista en márketing e comunicación. O curso terá lugar en Compostela os días 29 de setembro e 6 de outubro.


POR QUE ESTE CURSO?

A finalidade desta actividade formativa é dotármonos de estratexias, ferramentas e argumentos para traballar co tecido socioeconómico co fin de que as empresas e os negocios incorporen a lingua galega á súa estratexia comunicativa como un elemento de prestixio e de diferenciación.

OBXECTIVOS DO CURSO

- Transmitir os elementos fundamentais do márketing e da comunicación.
- Coñecer a aplicación destes elementos aos negocios, empresas e institucións.
- Entender a importancia da venda por valores, asociándoa especialmente á lingua galega.
- Elaborar e transmitir argumentos a favor do uso da lingua galega como elemento diferenciador e de prestixio en empresas e negocios.
- Incentivar a creación de accións de normalización lingüística dirixidas ao sector socioeconómico destinadas a convencer e a reflexionar sobre a importancia do uso do idioma.

CONTIDOS

O curso combinará contidos teóricos con actividades prácticas e de reflexión conxunta, todo adaptado á realidade do traballo de normalización da lingua. Abordaranse os seguintes contidos:

1. O cliente como centro de atención das empresas
2. Concepto de márketing
3. O Plan de márketing
3.1. Estudo de mercado. Análise da empresa e do contorno
3.2. Márketing estratéxico
i. Posicionamento. Valores
ii. Vantaxe competitiva
iii. Segmentación do mercado
iv. Definición de obxectivos
3.3. Márketing operativo
i. Produto
ii. Prezo
iii. Distribución
iv. Comunicación
3.4. Comárketing: unha ferramenta especialmente útil para as pequenas e medianas empresas
3.5 Márketing relacional: o cliente como centro dunha relación duradeira

En cada un dos apartados procuraranse exemplos galegos de boas prácticas, e buscaranse aplicacións reais para sectores que queiramos axudar na súa estratexia de comunicación co fin de que vexan no galego un valor comunicativo de prestixio e diferenciador.

DOCENTE

Xosé Luís Reza, presidente do Clúster do E-Commerce Galego e presidente fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios Caixanova e máster en eBusiness pola Universitat Politècnica de Catalunya.
Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de márketing e comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicacións Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de iuni strategic marketers, ademais de profesor en varias escolas de negocio de Galicia.

PERSOAS DESTINATARIAS

- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Docentes ou responsables de EDNLG
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua

DURACIÓN DO CURSO

10 horas, en dúas sesións de 5 horas

DATAS E HORARIO

- 29 de setembro e 6 de outubro de 2022, en horario de 16 a 21 h

LUGAR DO CURSO

Na Aula B10 da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)

PRAZO DE INSCRICIÓN

-Do 12 ao 25 de setembro de 2022

AVISO: non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.

ORGANIZA

-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)

COLABORAN

-Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

Información completa e formulario de inscrición.

Convocatoria completa en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego