CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


150 votos
Votar | | | |


09-10-2022

O LGx15 regresa o 27 de outubro á Sala Capitol

LGx15 2022
Chega a oitava edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar na Sala Capitol de Santiago de Compostela o 27 de outubro ás 18.00 h, e conta coa colaboración económica da SXPL.





Con intervencións dun máximo de 15 minutos, as persoas convidadas desta oitava edición falarannos de lingua e socioloxía, música, empresa, intelixencia artificial, divulgación científica, turismo, dereito, comunicación, intercambio cultural... Diferentes perspectivas que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado para intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, consellos, experiencias e ideas.

CANDO E ONDE VAI SER?

A edición deste ano do LGx15 terá lugar o xoves 27 de outubro, ás 18.00 h, na Sala Capitol, en Santiago de Compostela.

QUEN VAI PARTICIPAR?

Nesta nova edición do LGx15 intervirán as seguintes persoas:

- Elsa Quintas Alborés (avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística): falaranos dos nosos dereitos lingüísticos e da súa experiencia no exercicio da avogacía dende o galego.

- Guido Álvarez Parga (turismólogo, guía e docente): relatará en “Ás viaxeiras e viaxeiros gústalles aprender galego” as súas reflexións sobre o uso da nosa lingua no sector turístico.

- Pradorua e Fabiana Ambroa Ibarruri (creadora de contido en galego e neofalante unidas polo programa Elos do SNL do concello compostelán): contarannos como viven esta experiencia en “O que o galego uniu, que non o separe o home”.

- Pedro González Boquete (director executivo de Leite Noso, que comercializa Deleite): mostraranos que “O galego importa” para unha empresa referente na etiquetaxe e na comunicación na nosa lingua.

- Fátima Barros (estudante de Medicina e divulgadora): relataranos a súa experiencia “Divulgando ciencia en galego”.

- Isaac González (enxeñeiro en Informática): contará as súas propostas para hoxe e o futuro na charla titulada “Paradoxos, intelixencia artificial e estratexias para o presente”.

- Beatriz Busto Miramontes (antropóloga e pedagoga musical): analizará “O estereotipo do galego en NO-DO” e as súas repercusións na actualidade.

- Olaia Maneiro (integrante do grupo Tanxugueiras): abordará en “Non hai fronteiras para o galego” o orgullo de levar a nosa lingua aos escenarios de todo o mundo.

Conducirá esta nova edición do LGx15 Lois Pérez, mestre, contador de historias, poeta, escritor e guionista.

QUERO IR! COMO CONSIGO AS ENTRADAS?

As entradas para o evento terán un prezo de 6 euros na venda anticipada. Estarán dispoñibles en Internet, nos webs do LGx15 e da Sala Capitol. O día do evento, en caso de quedaren dispoñibles, custarán 10 euros na billeteira.

AS EDICIÓNS ANTERIORES DO LGx15

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar. Contou ademais coas actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. Podes consultar os vídeos das charlas aquí.

Un ano despois foi segunda edición, que contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.

O terceiro LGx15 celebrouse en novembro de 2017 e nel participaron Alonso Caxade, Patricia Buxán e Miguel Braña, Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco, Cecilia Fernández, Iria Veiga, José Antonio Rubal, Nuria Espasandín e Pedro Brandariz, coa actuación musical de MJ Pérez e todo conducido por Vicente Mohedano.

A cuarta edición chegou en 2018 e nela interviñeron Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e Aquel-e. A parte musical púxoa Brais Morán e a presentación foi a cargo das regueifeiras Lupe Blanco e Alba María.

Na quinta edición, de 2019, participaron nela Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Daunae de Vir e Roberto Rivas. Actuaron como mestres de cerimonias Os da Ría Íntimos. As charlas poden consultarse aquí.

As intervencións da sexta edición (2020) graváronse a porta pechada: Ángel Carracedo, Manuel Gago, Esther Estévez, Bea Campos, Laura Marín, Adrián Dios e Verto (Alberto Mira e Fernando Peleteiro).

A sétima edición foi en 2021 e contou coas propostas e ideas de María Vázquez, Xosé Luís Reza, Alice Piccardi, Agos Reigosa, Ana Moreiras e Paco Cerdeira Pakolas, e conduciu o evento Carlos Meixide. As charlas poden consultarse aquí.

Os vídeos destas diversas charlas poden verse no web do LGx15 e na canle de YouTube da CTNL, onde tamén se poden reproducir algúns nos eventos na súa integridade. Nesta canle mesmo se poden consultar algúns dos vídeos clasificados por temática en diferentes listas de reprodución: LGx15 e crianza, LGx15 e ciencia, LGx15 e neofalantes, LGx15 e deporte, Lgx15 e medicina, LGx15 e audiovisual...

O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web do LGx15, no perfil de Facebook do evento e na conta de Twitter da CTNL.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego