14-10-2022Laboratorio de Apoderamento Lingüístico en Ferrolterra
O
Laboratorio de Apoderamento Lingüístico desenvolverase con alumnado de Bacharelato dos centros públicos ferroláns IES Carvalho Calero, IES Concepción Arenal e IES Sofia Casanova e no cedeirense IES Punta Candieira durante os meses de outubro e novembro.
O laboratorio
aborda a cuestión lingüística dun xeito innovador, incorporando ferramentas de xestión e facilitación de grupos e dando espazo ás emocións e á propia experiencia.
OBXECTIVOSO Laboratorio de Apoderamento Lingüístico ten os seguintes obxectivos:
- a creación de espazos seguros para o uso do galego,
- a autorreflexión sobre as ligazóns e prexuízos a respecto da lingua propia,
- o deseño de prototipos de intervencións dinamizadoras desenvolvidas pola propia mocidade para a creación dunha comunidade de activistas lingüísticas.
DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMAEsta
primeira edición consta de
dúas sesións de 100 minutos entre o 13 e o 27 de outubro nos centros de secundaria citados. As profesionais da cooperativa Rexenerando facilitarán o desenvolvemento das sesións en grupos aula para afondar na experiencia lingüística, traballando con ferramentas como a liña de vida lingüística para identificar momentos de conflito e descuberta, asociados á relación das diferentes linguas en contacto.
Nunha
segunda fase, o vindeiro
11 de novembro, desenvolverase unha sesión de prototipado de accións intercentros. Neste encontro, de participación voluntaria, o alumnado exporá as propostas e recursos recompilados previamente. Unha serie de pequenas grandes accións activadoras da lingua nos seus contextos máis próximos.
E, finalmente, o
29 de novembro celebrarase un
acto de peche para dar conta do proceso publicamente, vinculando a rapazada con toda a comunidade educativa e co conxunto da sociedade. Este espazo servirá para
compartir as propostas de intervención lingüística resultantes e
celebrar a potencia creativa e o compromiso da mocidade co idioma. Neste evento, ademais, proxectarase un
vídeo resumo de como foi todo o desenvolvemento do Laboratorio.
Esta iniciativa é un
proxecto piloto de dinamización do uso do galego entre a mocidade financiado pola
Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) a través do
programa TeCe Redes e deseñado pola cooperativa
Rexenerando de Ferrol.