01-11-2022V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias
O
Instituto da Lingua Galega e os departamentos de Didácticas Aplicadas e de Filoloxía Galega da USC organizan as
V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino, co título
Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, os días
18 e 19 de novembro.
Nas xornadas de formación
Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias reflexionarase sobre a
competencia discursiva plurilingüe, con especial atención ao novo escenario que se configura coa última reforma educativa; presentaranse diferentes
propostas didácticas en volta do ensino do proceso de escritura; darase a coñecer o
corpus CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico, que inclúe mil textos anotados extraídos da pregunta de comentario das probas de lingua e literatura galegas dos exames ABAU; e debaterase sobre os
retos e dificultades que supón o ensino da competencia discursiva, así como sobre os
métodos e estratexias que se poden empregar na aula para lograr mellores resultados.
Todas as intervencións contarán cun tempo reservado para o coloquio co público asistente, posto que as xornadas prentenden ser, ademais, un
foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para todo o profesorado de linguas, en exercicio ou en formación.
Organizan esta actividade formativa o
Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela), o
Departamento de Didácticas Aplicadas (Universidade de Santiago de Compostela) e o
Departamento de Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela).
PROGRAMA18 de novembro de 2022 18:00-18:30: inauguración
18:30-19:30:
Competencia discursiva plurilingüe: posibilidades e retosDaniel Cassany (Universitat Pompeu Fabra)
19:30-20:00: pausa
20:00-22:00:
Propostas didácticas para o ensino da competencia discursivaMaría López Sández (USC), moderadora
Sofía Rama Lourenzo (IES Félix Muriel, Rianxo)
Tamara Rial Montes (IES Chapela, Redondela)
Soraya Suárez Quintas (IES Xesús Taboada Chivite, Verín)
Paloma Terrón Barreiro (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades)
19 de novembro de 202210:00-11:30:
CORTEGAL: unha nova ferramenta para coñecer e traballar a competencia discursivaMaría Álvarez de la Granja (Instituto da Lingua Galega, USC)
11:30-12:00: pausa
12:00-14:00:
Algunhas propostas didácticas ao redor de CORTEGALCándido Paniagua Pousa (IES Castelao, Vigo)
Reyes Rodríguez Rodríguez (Instituto da Lingua Galega - USC)
16:00-17:30:
A competencia discursiva na LOMLOE e a nova competencia plurilingüeMaría López Sández (Universidade de Santiago de Compostela)
17:30-18:00: pausa
18:00-20:00: mesa redonda
Ensino e aprendizaxe da competencia discursiva. Desafíos e propostasAna Iglesias Álvarez (Universidade de Vigo), moderadora
Serafín Alonso Pintos (IES O Couto, Ourense)
Daniel Asorey Vidal (CPI Plurilingüe de Fonte Díaz, Touro)
Daniel Cassany (Universitat Pompeu Fabra)
Valentina Formoso (IES do Milladoiro, Ames)
20:00-20:30: conclusións e clausura
LUGARSalón de graos da Facultade de Filoloxía (USC), avda. de Castelao, s/n, Santiago de Compostela
INSCRICIÓNEsta actividade forma parte da oferta formativa do CAFI para o curso académico 2022/2023 e o profesorado dos centros públicos e concertados que desexe asistir ao simposio terá que efectuar a inscrición,
ata o 31 de outubro, a través da ligazón www.edu.xunta.gal/fprofe (código do curso G2202025).
O resto de asistentes poderán formalizar a inscrición cubrindo
este formulario até o día 12 de novembro.
Entregarase un
certificado de participación a aquelas persoas que asistan ao 85% das xornadas.
Máis información no
web do Instituto da Lingua Galega.