CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


115 votos
Votar | | | |


01-11-2022

V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias

V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino
O Instituto da Lingua Galega e os departamentos de Didácticas Aplicadas e de Filoloxía Galega da USC organizan as V Xornadas de Lingua e Literatura Galegas no Ensino, co título Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias, os días 18 e 19 de novembro.


Nas xornadas de formación Traballando a competencia discursiva na aula. Novos marcos, ferramentas e estratexias reflexionarase sobre a competencia discursiva plurilingüe, con especial atención ao novo escenario que se configura coa última reforma educativa; presentaranse diferentes propostas didácticas en volta do ensino do proceso de escritura; darase a coñecer o corpus CORTEGAL, Corpus de textos galegos escritos por estudantes no ámbito académico, que inclúe mil textos anotados extraídos da pregunta de comentario das probas de lingua e literatura galegas dos exames ABAU; e debaterase sobre os retos e dificultades que supón o ensino da competencia discursiva, así como sobre os métodos e estratexias que se poden empregar na aula para lograr mellores resultados.

Todas as intervencións contarán cun tempo reservado para o coloquio co público asistente, posto que as xornadas prentenden ser, ademais, un foro de intercambio de ideas, suxestións e experiencias para todo o profesorado de linguas, en exercicio ou en formación.

Organizan esta actividade formativa o Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela), o Departamento de Didácticas Aplicadas (Universidade de Santiago de Compostela) e o Departamento de Filoloxía Galega (Universidade de Santiago de Compostela).

PROGRAMA

18 de novembro de 2022

18:00-18:30: inauguración

18:30-19:30: Competencia discursiva plurilingüe: posibilidades e retos
Daniel Cassany (Universitat Pompeu Fabra)

19:30-20:00: pausa

20:00-22:00: Propostas didácticas para o ensino da competencia discursiva
María López Sández (USC), moderadora
Sofía Rama Lourenzo (IES Félix Muriel, Rianxo)
Tamara Rial Montes (IES Chapela, Redondela)
Soraya Suárez Quintas (IES Xesús Taboada Chivite, Verín)
Paloma Terrón Barreiro (Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades)

19 de novembro de 2022

10:00-11:30: CORTEGAL: unha nova ferramenta para coñecer e traballar a competencia discursiva
María Álvarez de la Granja (Instituto da Lingua Galega, USC)

11:30-12:00: pausa

12:00-14:00: Algunhas propostas didácticas ao redor de CORTEGAL
Cándido Paniagua Pousa (IES Castelao, Vigo)
Reyes Rodríguez Rodríguez (Instituto da Lingua Galega - USC)

16:00-17:30: A competencia discursiva na LOMLOE e a nova competencia plurilingüe
María López Sández (Universidade de Santiago de Compostela)

17:30-18:00: pausa

18:00-20:00: mesa redonda Ensino e aprendizaxe da competencia discursiva. Desafíos e propostas
Ana Iglesias Álvarez (Universidade de Vigo), moderadora
Serafín Alonso Pintos (IES O Couto, Ourense)
Daniel Asorey Vidal (CPI Plurilingüe de Fonte Díaz, Touro)
Daniel Cassany (Universitat Pompeu Fabra)
Valentina Formoso (IES do Milladoiro, Ames)

20:00-20:30: conclusións e clausura

LUGAR

Salón de graos da Facultade de Filoloxía (USC), avda. de Castelao, s/n, Santiago de Compostela

INSCRICIÓN

Esta actividade forma parte da oferta formativa do CAFI para o curso académico 2022/2023 e o profesorado dos centros públicos e concertados que desexe asistir ao simposio terá que efectuar a inscrición, ata o 31 de outubro, a través da ligazón www.edu.xunta.gal/fprofe (código do curso G2202025).

O resto de asistentes poderán formalizar a inscrición cubrindo este formulario até o día 12 de novembro.

Entregarase un certificado de participación a aquelas persoas que asistan ao 85% das xornadas.

Máis información no web do Instituto da Lingua Galega.


Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    31       
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego