20-11-2022O Simposio ILG 2022 aborda a edición dixital de textos antigos
O
Instituto da Lingua Galega da USC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a Universidade de Alcalá e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, organiza o
Simposio ILG 2022, que analizará “
A edición dixital de textos antigos: modelos, proxectos e ferramentas”. O simposio terá lugar
entre os días 28 de novembro e 2 de decembro. O
prazo de inscrición remata o
28 de novembro de 2022.
O
Simposio ILG 2022 foi concibido como unha volta ao labor filolóxico primordial, o da
ecdótica e a
edición de textos, mais cunha ollada renovada,
sustentada nas novas tecnoloxías promovidas polas Humanidades Dixitais, interdisciplinar e colaborativa.
Na configuración dos contidos do programa constitúen o núcleo principal as
contribucións de especialistas das áreas de Filoloxía Galega e Portuguesa e Historia medieval, que ofrecen un amplo e rico panorama dos proxectos en curso e do potencial presente e futuro na edición dixital de textos galegos e portugueses. Como complemento das anteriores achegas é necesaria a
contextualización do estado actual do labor editorial no marco global das Humanidades Dixitais, polo que nas dúas primeiras sesións do simposio recoñecidos especialistas do ámbito ibérico e internacional achegarán a súa experiencia e logros destacados. O simposio adórnase cunha ollada de recoñecemento e homenaxe ao Dr. Harvey L. Sharrer, Emérito da Universidade de California (Santa Bárbara), cofundador dunha das ferramentas dixitais imprescindíbeis para o estudo e edición do patrimonio textual antigo, a BITAGAP (Bibliografía de Textos Antigos Galegos e Portugueses).
LUGAR E DATASO simposio terá lugar
do 28 de novembro ao 2 de decembro de 2022, en sesións de tarde, no
Salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC (Avda. de Castelao, s/n, Campus Norte, Santiago de Compostela).
INSCRICIÓNA
inscrición é
gratuíta . As persoas que desexen asistir poderán formalizar a inscrición cubrindo
este formulario.
O prazo remata o día 28 de novembro ás 12 h.
Programa e máis información no
web do Instituto da Lingua Galega.