02-12-2022III Xornadas de Normalización Lingüística da CIG-Ensino e a AS-PG
A CIG-Ensino e a AS-PG organizan a terceira edición das súas Xornadas de Normalización Lingüística, nesta ocasión co subtítulo O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino.
A xornada terá lugar o sábado 21 de xaneiro no IES As Fontiñas de Compostela e a inscrición é gratuíta.
O audiovisual en Galiza como medio normalizador no ensino é o fío condutor das
III Xornadas de Normalización Lingüística, que organizan conxuntamente a
CIG-Ensino e a
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
CANDO? ONDE?Esta actividade formativa terá lugar o
sábado 21 de xaneiro de 2023, de 10 a 14 h e de 16 a 20 h, no
IES As Fontiñas, rúa de Estocolmo, 5, Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNA
inscrición nesta xornada é
gratuíta e pode facerse a través
deste formulario.
PROGRAMA10:00-11:00 h:
A Iniciativa Xabarín: audiovisual en galego para a mocidade, con
Celia Armas García, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística
11:00-12:00 h:
A lingua no audiovisual. Un modelo para as aulas?, con
Magdalena Sánchez e
Lucía Doval, tradutoras de dobraxe e subtítulos da serie
O Señor dos Aneis: Os aneis de poder12:30-14:00 h:
A pluralidade lingüística nas plataformas de TV: avances e limites, mesa redonda con
Marcos Maceira Eiras (A Mesa),
Paul Bilbao Sarria (Euskalgintzare Kontseilua) e
Francesc Marco Palau (Plataforma per la Llengua).
14:00-16:00 h: pausa para o xantar
16:00 h:
Experiencias normalizadoras no audiovisual aplicables ao ensino:
-
Concurso de Curtametraxes da AS-PG,
Anxa G. Refoxo-
Youtubeir@s,
Carme Pereiro e
Mónica Fernández, coordinadoras do programa
-
Olloboi,
Sara Hermo, colaboradora do proxecto.
18:00 h:
Obradoiro de creación audiovisual nas aulas, con
Alexandra Pacheco, profesora de lingua e literatura galega e xornalista, impulsora do proxecto
Xelminovas.
19:00 h:
Obradoiro de dobraxe nas aulas, con
Andrés Bellas, membro de
APRADOGA (Asociación Profesional de Actores e Actrices da Rama da Dobraxe de Galicia).
Programa completo en .pdf