09-12-2022O Concello de Teo publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O
Concello de Teo publicou no
BOP do 5 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Teo publicou no
BOP do 5 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 70 puntos) e a formación específica/complementaria (até 30 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNEstar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titulación de Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días hábiles desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio saíu publicado no
BOE do 16 de decembro de 2022; daquela, o prazo de inscrición finaliza o 16 de xaneiro de 2023.
BOLSAS DE EMPREGO TEMPORALPrevese que aquelas persoas que non sexan nomeadas funcionarias de carreira ou non sexan contratadas como persoal laboral fixo se integren nunha
bolsa de emprego temporal, para o seu nomeamento coa condición de funcionarios/as interinos/as ou contratación como persoal laboral temporal.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 5 de decembro de 2022)
Corrección de erros das bases xerais e específicas, en .pdf (BOP do 13 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 14 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 16 de decembro de 2022)
Información sobre os procesos selectivos no web do Concello de Teo
aquí.
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.