CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1967 votos
Xa votaches!


09-12-2022

O Concello de Teo publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

Concello de Teo
O Concello de Teo publicou no BOP do 5 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.







Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Teo publicou no BOP do 5 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 70 puntos) e a formación específica/complementaria (até 30 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titula­ción de Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio saíu publicado no BOE do 16 de decembro de 2022; daquela, o prazo de inscrición finaliza o 16 de xaneiro de 2023.

BOLSAS DE EMPREGO TEMPORAL

Prevese que aquelas persoas que non sexan nomeadas funcionarias de carreira ou non sexan contratadas como persoal laboral fixo se integren nunha bolsa de emprego temporal, para o seu nomeamento coa condición de funcionarios/as interinos/as ou contratación como persoal laboral temporal.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 5 de decembro de 2022)

Corrección de erros das bases xerais e específicas, en .pdf (BOP do 13 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 14 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 16 de decembro de 2022)

Información sobre os procesos selectivos no web do Concello de Teo aquí.

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego