12-12-2022O Concello de Dumbría publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O
Concello de Dumbría publicou no
BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Dumbría publicou no
BOP do 12 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNLicenciatura ou grao universitario.
FUNCIÓNS- Apoio á secretaría intervención no traballo administrativo
- Asesoramento lingüístico ao Concello
- Deseño de documentación formal
- Elaboración de programas de fomento do galego na Administración local
- Fomento do galego na sociedade
- Corrección de textos
- Traballo con asociacións culturais dentro do municipio
- Coordinación con outras institucións en traballo de normalización lingüística
- Tarefas de comunicación (relación cos medios de comunicación)
- Tramitacións de subvencións
- Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este
anuncio publícase no
BOE do 23 de decembro de 2022 e o prazo está aberto
até o 12 de xaneiro de 2023.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 12 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 23 de decembro de 2022)
Listaxe provisional de persoas admitidas e nomeamento de tribunal, en .pdf (BOP da Coruña do 3 de febreiro de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.