12-12-2022O Concello de Muros publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O
Concello de Muros publicou no
BOP do 12 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Muros publicou no
BOP do 12 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e os méritos académicos (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNEstar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titulación de Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días hábiles desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. O
anuncio no BOE publicouse o
26 de decembro de 2022; polo tanto, o prazo finaliza o 24 de xaneiro de 2023.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 12 de decembro de 2022)
Anuncio no DOG, en .pdf (DOG do 2 de xaneiro de 2023)
Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 26 de decembro de 2022)
Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas, en. pdf (BOP do 17 de febreiro de 2023)
Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e da composición do tribunal, en. pdf (BOP do 10 de marzo de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.