13-12-2022O Concello de Ames publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

O
Concello de Ames publicou no
BOP do 13 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Ames publicou no
BOP do 13 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 70 puntos) e a formación (até 30 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNEstar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, a titulación de Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), Grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura/grao pertencentes á área de Humanidades ou de Ciencias Xurídicas e Sociais, sempre que se dispoña do Celga 5.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días hábiles desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no
BOE do 13 de febreiro de 2023, polo que
o prazo de inscrición finaliza o 6 de marzo (por ser inhábil o 5 de marzo).
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 13 de decembro de 2022)
Corrección de erros das bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 4 de xaneiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 10 de xaneiro de 2023)
Anuncio da corrección de erros no DOG, en .pdf (DOG do 26 de xaneiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 13 de febreiro de 2023)
Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 10 de abril de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.