19-12-2022O Concello de Fisterra publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL
O
Concello de Fisterra publicou no
BOP do 19 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Fisterra publicou no
BOP do 19 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 90 puntos) e a formación (até 10 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNTítulo universitario de grao ou antiga diplomatura ou equivalentes.
FUNCIÓNS- Asumir o deseño, así como a materialización e desenvolvemento práctico das actividades e actuacións desenvolvidas pola unidade, no eido da Normalización Lingüística, todo isto dentro da capacitación profesional e baixo as directrices directas da Concellaría correspondente.
- Asesorar ao Concello en todo o relacionado coa política lingüística así como facer un seguimento do cumprimento da lexislación lingüística.
- Asumir a responsabilidade sobre o fomento da mellora da calidade lingüística no conxunto da actividade administrativa municipal, planificando propoñendo e desenvolvendo programas e accións concretas no ámbito lingüístico.
- Deseñar e participar activa e materialmente nos programas e actividades de índole cultural realizados e promovidos dende a unidade, no eido da súa capacitación profesional.
- Control de altas, baixas, modificación do Padrón Municipal de Habitantes. (
Función suprimida mediante unha
corrección de erros publicada no BOP do 17 de xaneiro de 2023)
- Rexistro e Tramitación TEDeC
- Asumir a supervisión e seguimento operativo daquelas actividades que dende a unidade se propoñan, garantindo o seu adecuado desenvolvemento.
- Incentivación e organización da participación veciñas nos programas e/ou actividades culturais do Concello.
- Colaborar e participar por necesidade ou requirimento nos restantes programas e actividades do departamento no eido da súa capacitación.
- Calquera outra, propia da súa capacitación profesional, e vinculada co eido competencial no que se integra.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días hábiles desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este
anuncio publicouse no
BOE do 29 de decembro de 2022; polo tanto o prazo finaliza o 27 de xaneiro de 2023.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 19 de decembro de 2022)
Corrección de erros nas bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 17 de xaneiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 29 de decembro de 2022)
Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 8 de marzo de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.