CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


55 votos
Votar | | | |


19-12-2022

O Concello de Pontevedra publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

Concello de Pontevedra
O Concello de Pontevedra publicou no BOP do 19 de decembro as bases xerais e específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.





Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Pontevedra publicou no BOP do 19 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 70 puntos) e outros méritos (até 30 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Estar en posesión do título de licenciatura en filoloxía galego-portuguesa, filoloxía galega ou filoloxía hispánica subsección galego-portugués, grao en lingua galega ou titulación en calquera outra licenciatura ou grao ou outras titulacións superiores pertencentes a área de humanidades ou ciencias xurídicas e sociais sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (CELGA 5), ou estar en condición de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 29 de decembro de 2022; polo tanto, o prazo finaliza o 18 de xaneiro de 2023.

Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP de Pontevedra do 19 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 26 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 29 de decembro de 2022)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • Gústame... o galego
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Axenda da lingua
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego