20-12-2022O Concello de Outes publica as bases xerais e específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

O
Concello de Outes publicou no
BOP do 20 de decembro as bases que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Outes publicou no
BOP do 20 de decembro as
bases xerais e específicas polas que se regulan os procesos de selección, que inclúen a praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorará a experiencia laboral (até 70 puntos) e a formación (até 30 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNTítulo universitario oficial de licenciado/a en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección galego-portugués), de graduado/a en Lingua Galega, en calquera outra licenciatura ou grao da área de Humanidades ou Ciencias Xurídicas sempre que se dispoña do CELGA 5, ou equivalentes.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este
anuncio saíu publicado no
BOE do 8 de marzo de 2023, polo que o
prazo de inscrición está aberto
do 9 ao 28 de marzo de 2023.
BOLSAS DE EMPREGONos supostos en que así se prevexa nas respectivas convocatorias, xunto coa resolución dos procesos selectivos de estabilización poderase proceder á creación das correspondentes bolsas de emprego temporal, consonte ao sinalado para o efecto; e que terán por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes á que se acudirá, nos supostos legais procedentes e de acordo coas modalidades de emprego correspondentes, para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal en praza/posto/condición equivalentes aos convocados.
Bases xerais e específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 20 de decembro de 2022)
Anuncio no DOG, en .pdf (DOG do 19 de xaneiro de 2023)
Anuncio no BOE, en .pdf (BOE do 8 de marzo de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.