27-12-2022O Concello de Santiago de Compostela publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL

O
Concello de Santiago de Compostela publicou no
BOP do 27 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Santiago de Compostela publicou no
BOP do 27 de decembro as
bases específicas polas que se regula o proceso de selección de varias prazas de emprego temporal, entre elas, unha praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso-oposición, coas seguintes fases:
-
Fase de oposición: será anterior á fase de concurso e non terá carácter eliminatorio. Valorarase co
60% da puntuación total. Consistirá en responder un
cuestionario tipo test de 100 preguntas (temario no anexo I da convocatoria).
-
Fase de concurso: terá unha valoración máxima do
40% da puntuación total. Valoraranse méritos profesionais, formación e superación de procesos selectivos.
REQUISITOS DE TITULACIÓNTítulo de grao en Lingua e Literatura Galega
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este
anuncio saíu publicado no
BOE do 31 de decembro de 2022; polo tanto, o prazo finaliza o 20 de xaneiro de 2023.
BOLSA DE EMPREGODesta convocatoria, tal e como se prevé nas bases xerais, derívase tamén a creación dunha bolsa de emprego que habilitará unha listaxe de persoas aspirantes para aqueles subgrupos e categorías en que non exista lista de agarda. En caso de existir listaxe de agarda, as persoas aspirantes que non superen o proceso selectivo incorporaranse a ela.
Bases específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 27 de decembro de 2022)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 31 de decembro de 2022)
Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 16 de marzo de 2023)
Corrección de erros da oublicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 17 de marzo de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.