CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


713 votos
Votar | | | |


27-12-2022

O Concello de Santiago de Compostela publica as bases específicas para a provisión definitiva dunha praza de TNL

Concello de Santiago de Compostela
O Concello de Santiago de Compostela publicou no BOP do 27 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.



Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Santiago de Compostela publicou no BOP do 27 de decembro as bases específicas polas que se regula o proceso de selección de varias prazas de emprego temporal, entre elas, unha praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso-oposición, coas seguintes fases:

- Fase de oposición: será anterior á fase de concurso e non terá carácter eliminatorio. Valorarase co 60% da puntuación total. Consistirá en responder un cuestionario tipo test de 100 preguntas (temario no anexo I da convocatoria).

- Fase de concurso: terá unha valoración máxima do 40% da puntuación total. Valoraranse méritos profesionais, formación e superación de procesos selectivos.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Título de grao en Lingua e Literatura Galega

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio saíu publicado no BOE do 31 de decembro de 2022; polo tanto, o prazo finaliza o 20 de xaneiro de 2023.

BOLSA DE EMPREGO

Desta convocatoria, tal e como se prevé nas bases xerais, derívase tamén a creación dunha bolsa de emprego que habilitará unha listaxe de persoas aspirantes para aqueles subgrupos e categorías en que non exista lista de agarda. En caso de existir listaxe de agarda, as persoas aspirantes que non superen o proceso selectivo incorporaranse a ela.


Bases específicas, en .pdf
(BOP da Coruña do 27 de decembro de 2022)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 31 de decembro de 2022)

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 16 de marzo de 2023)

Corrección de erros da oublicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, en .pdf (BOP da Coruña do 17 de marzo de 2023)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2022
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego