27-12-2022A Xunta de Galicia convoca sete prazas de titulado/a superior lingüista por concurso-oposición
A
Xunta de Galicia publicou no
DOG do 27 de decembro a convocatoria do proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición. Entre as prazas convocadas están sete de
titulado/a superior lingüista.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, a
Xunta de Galicia publicou no
DOG do 27 de decembro a
convocatoria do proceso de estabilización de varias prazas de emprego temporal mediante concurso-oposición, entre as cales están sete prazas de
titulado/a superior lingüista (persoal laboral do grupo I, categoría 40).
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso-oposición, coas seguintes fases:
-
Fase de oposición: terá unha puntuación máxima de 60 puntos, e consistirá na suparación de varios exercicios obrigatorios e eliminatorios:
1. Cuestionario tipo test de 160 preguntas (
temario publicado no DOG do 22 de decembro de 2022).
2. Desenvolvemento por escrito de dous temas da parte específica do temario, elixidos entre cinco.
-
Fase de concurso: terá unha valoración máxima de
40 puntos. Valoraranse experiencia profesional e outros méritos.
REQUISITOS DE TITULACIÓNLicenciatura en Filoloxía Galega ou licenciatura en Filoloxía Hispánica, especialidade Galego-Portugués, ou grao en Lingua e Literatura Galegas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESInicialmente era de
20 días hábiles desde o día 16 de xaneiro de 2023.
Por mor dunha
modificación das bases publicada no
DOG do 23 de xaneiro de 2023, o
prazo de presentación de solicitudes
amplíase até o 17 de febreiro.
Resolución pola que se aproban os temarios, en .pdf (DOG do 22 de decembro de 2022)
Convocatoria das prazas, en .pdf (DOG do 27 de decembro de 2022)
Modificación das bases, en .pdf (DOG do 23 de xaneiro de 2023)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.