CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


869 votos
Votar | | | |


30-12-2022

O Concello de Pontedeume publica as bases específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

Concello de Pontedeume
O Concello de Pontedeume publicou no BOP do 30 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de técnico/a de normalización lingüística.






Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o Concello de Pontedeume publicou no BOP do 30 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regula o proceso de selección da praza de técnico/a de normalización lingüística.

SISTEMA DE SELECCIÓN

Concurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 60 puntos) e formación (até 40 puntos).

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Posuír o título de grao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego Portuguesa, licenciatura en Filoloxía Galega ou licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués); ou en condicións de obtelo antes de que remate o prazo de presentación de instancias.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Será de 20 días hábiles desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Este anuncio publicouse no BOE do 29 de xaneiro de 2024, polo que o prazo está aberto desde o 30 de xaneiro até o 26 de febreiro.

BOLSA DE EMPREGO

De conformidade coa disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público, elaborarase unha bolsa de persoal laboral temporal formada por aquelas persoas candidatas que, participando no proceso selectivo de estabilización e non superando este, obteñan unha puntuación mínima do 50% da puntuación total do concurso.

Bases específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de decembro de 2022)

Convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 29 de xaneiro de 2024)

Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua aquí e aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Xaneiro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego