30-12-2022O Concello de Pontedeume publica as bases específicas para a provisión definitiva da praza de TNL

O
Concello de Pontedeume publicou no
BOP do 30 de decembro as bases específicas que regulan o proceso de estabilización do emprego temporal na entidade. Entre as prazas anunciadas está a de
técnico/a de normalización lingüística.
Ao abeiro da
Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o
Concello de Pontedeume publicou no
BOP do 30 de decembro as bases xerais e específicas polas que se regula o proceso de selección da praza de
técnico/a de normalización lingüística.
SISTEMA DE SELECCIÓNConcurso de méritos, onde se valorarán os méritos profesionais (até 60 puntos) e formación (até 40 puntos).
REQUISITOS DE TITULACIÓNPosuír o título de grao en Lingua e Literatura Galegas, licenciatura en Filoloxía Galego Portuguesa, licenciatura en Filoloxía Galega ou licenciatura en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués); ou en condicións de obtelo antes de que remate o prazo de presentación de instancias.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESSerá de
20 días naturais desde o día seguinte á
publicación do anuncio da convocatoria no BOE.
BOLSA DE EMPREGODe conformidade coa disposición adicional cuarta da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución de temporalidade no emprego público, elaborarase unha bolsa de persoal laboral temporal formada por aquelas persoas candidatas que, participando no proceso selectivo de estabilización e non superando este, obteñan unha puntuación mínima do 50% da puntuación total do concurso.
Bases específicas, en .pdf (BOP da Coruña do 30 de decembro de 2022)
Información sobre todos os procesos selectivos ao abeiro da Lei 20/2021 que afectan a prazas de lingua
aquí e
aquí.