CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


1380 votos
Votar | | | |


03-01-2023

Convocadas 53 prazas de lingua ao abeiro da Lei 20/2021

SNL
Ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, 21 entidades locais e a Xunta de Galicia convocaron un total de 53 prazas de lingua de diferentes perfís, principalmente técnicos/as de normalización lingüística e lingüistas.


Tal e como indicamos o pasado mes de xuño, co peche do ano 2022 convocáronse as prazas anunciadas nas correspondentes ofertas extraordinarias de emprego público (publicadas antes do 30 de xuño de 2022) co fin de situar a taxa de temporalidade estrutural por baixo do 8 por cento no conxunto das administracións públicas.

PRAZAS CONVOCADAS

Finalmente, convocáronse un total de 53 prazas de lingua distribuídas do seguinte xeito:

  • Entidades locais: 18 prazas na provincia da Coruña, unha en Ourense e tres en Pontevedra (un total de 22 prazas, das cales unha se resolverá por concurso-oposición e as demais por concurso).

  • Xunta de Galicia: 12 prazas de experto lingüista, 18 de titulado/a superior lingüista e unha de tradutor/a intérprete da Administración de xustiza (31 prazas en total, das cales sete se cubrirán por concurso-oposición e as demais por concurso).

PRAZO DE INSCRICIÓN

No caso das prazas convocadas pola Xunta de Galicia, o prazo de inscrición é de 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023.

O prazo de inscrición nas convocatorias das administracións locais vén establecido pola publicación do anuncio da convocatoria no BOE (máis detalles a seguir, cando enumeremos cada unha das prazas).

BOLSAS DE EMPREGO TEMPORAL

Nalgunhas das convocatorias das entidades locais establécese que se creará unha bolsa de emprego temporal coas persoas aspirantes que non superen o proceso selectivo.

DETALLE DAS PRAZAS CONVOCADAS

Administración local: provincia da Coruña

- Concello de Ames

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 13 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación dunha corrección de erros das bases xerais e específicas no BOP: 4 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 10 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da corrección de erros no DOG: 26 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 13 de febreiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 6 de marzo de 2023, por ser inhábil o 5 de marzo)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Carnota

  • Nome da praza: normalización lingüística e animación á lectura

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 22 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 15 de febreiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 7 de marzo de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Carral

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 28 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 28 de decembro de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 17 de xaneiro de 2024)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello da Coruña

  • Nome das prazas: filólogo/a e técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da OEP no BOP: 28 de decembro de 2018 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais no BOP: 29 de novembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas da praza de filólogo/a no BOP: 13 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas da praza de técnico/a de normalización lingüística no BOP: 15 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación no DOG do anuncio da convocatoria da praza de filólogo/a: 17 de abril de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE da praza de técnico/a de normalización lingüística: 2 de maio de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 22 de maio de 2023)

  • Data de publicación do anuncio no BOE da praza de filólogo/a: 30 de setembro de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 20 de outubro de 2023)

  • Máis información sobre estes procesos selectivos aquí e aquí.

- Concello de Dumbría

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 23 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 12 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 23 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 12 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Ferrol

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da OEP no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases no BOP: 19 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 3 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 18 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 7 de febreiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Fisterra

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 19 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación dunha corrección de erros nas bases xerais e específicas no BOP: 17 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 29 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 27 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Miño

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 31 de decembro de 2019 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas no BOP: 22 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 30 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 19 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Muros

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 25 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 12 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 2 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 24 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Oleiros

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 26 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais no BOP: 23 de setembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas no BOP: 21 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 1 de febreiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 3 de abril de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 4 de maio de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

  • Nome da praza: normalizador/a

  • Tipo: persoal laboral (concurso)

  • Data de publicación da OEP no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 23 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 14 de marzo de 2024 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Outes

  • Nome da praza: técnico/a de promoción/normalización lingüística e sociocultural

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 24 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 20 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 19 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 8 de marzo de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 28 de marzo de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Pontedeume

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/ da área de Administración Xeral e réxime interno

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 4 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas no BOP: 30 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 29 de xaneiro de 2024 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 26 de febreiro de 2024)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Ribeira

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 12 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 27 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 18 de xaneiro 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 19 de xaneiro 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 10 días naturais (até o 30 de xaneiro de 2023, por ser inhábil o último día de prazo)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Santa Comba

  • Nome da praza: mestre -LFH- (normalizador/a lingüístico/a, impartición ESA)

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 27 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da bases xerais e específicas no BOP: 30 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación dunha corrección de erros e das bases mofificadas no BOP: 24 de febreiro de 2023 (ligazón á corrección, en .pdf e ligazón ás bases modificadas, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 10 de maio de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 8 de xuño de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Santiago de Compostela

  • Nome da praza: técnico/a de normalización

  • Tipo: persoal funcionario (concurso-oposición)

  • Datas de publicación da OEP no BOP: 1 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf) e 6 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas no BOP: 27 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 31 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 20 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Teo

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Datas de publicación da OEP no BOP: 23 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf) e correccións de erros no BOP do 2 de xuño de 2022 (ligazón, en .pdf) e no BOP do 20 de outubro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 5 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación dunha corrección de erros das bases xerais e específicas no BOP: 13 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 14 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 16 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 16 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

Administración local: provincia de Ourense

- Concello de Ourense

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da OEP no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 31 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf, a partir da páxina 231)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

Administración local: provincia de Pontevedra

- Concello do Grove

  • Nome da praza: normalizador/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no BOP: 31 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases específicas no BOP: 29 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da convocatoria no BOP: 29 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio da convocatoria no DOG: 11 de abril de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 1 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 30 de maio de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Ponteareas

  • Nome da praza: técnico/a de normalización lingüística (TNL)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da OEP no BOP: 16 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da modificación das bases específicas no BOP: 2 de marzo de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 18 de abril de 2023 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 14 de xuño de 2023 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles (até o 12 de xullo de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Concello de Pontevedra

  • Nome da praza: asesor/a lingüístico/a

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da OEP no BOP: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación das bases xerais e específicas no BOP: 19 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no DOG: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación do anuncio no BOE: 29 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días naturais (até o 18 de xaneiro de 2023)

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

Administración autonómica

- Xunta de Galicia

  • Nome da praza: titulado/a superior lingüista (18 prazas)

  • Tipo: persoal laboral (11 por concurso e 7 por concurso-oposición)

  • Data de publicación da OEP no DOG: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación dos temarios no DOG: 22 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da convocatoria das prazas que se resolven por concurso no DOG: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023

  • Data de publicación da modificación das bases das prazas que se resolven por concurso no DOG: 23 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Novo prazo: até o 17 de febreiro de 2023

  • Data de publicación da convocatoria das prazas que se resolven por concurso-oposición no DOG: 27 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023

  • Data de publicación da modificación das bases das prazas que se resolven por concurso-oposición no DOG: 23 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Novo prazo: até o 17 de febreiro de 2023

  • Máis información sobre estes procesos selectivos aquí e aquí.

- Xunta de Galicia

  • Nome da praza: experto/a lingüista (12 prazas)

  • Tipo: persoal funcionario

  • Data de publicación da convocatoria das prazas no DOG: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023

  • Data de publicación da modificación das bases no DOG: 23 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Novo prazo: até o 17 de febreiro de 2023

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

- Xunta de Galicia

  • Nome da praza: tradutor/a intérprete da Administración de xustiza

  • Tipo: persoal laboral

  • Data de publicación da OEP no DOG: 30 de maio de 2022 (ligazón, en .pdf)

  • Data de publicación da convocatoria no DOG: 26 de decembro de 2022 (ligazón, en .pdf). Prazo: 20 días hábiles desde o 16 de xaneiro de 2023

  • Data de publicación da modificación das bases no DOG: 23 de xaneiro de 2023 (ligazón, en .pdf). Novo prazo: até o 17 de febreiro de 2023

  • Máis información sobre este proceso selectivo aquí.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego