10-01-2023Bases da convocatoria de axudas da Deputación da Coruña destinadas aos SNL

A
Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2023 as
bases do programa de axudas para a
creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais da provincia durante o ano 2023.
ENTIDADES DESTINATARIAS DAS AXUDASPoderán solicitar esta subvención
concellos da provincia da Coruña de
5.000 ou máis habitantes ou
agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.
MODALIDADES DE AXUDAS:A convocatoria establece
tres modalidades de axudas:
-
creación de novos servizos de normalización lingüística
-
mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes
-
reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela). Neste caso, o persoal de reforzo deberá dedicarse a labores de dinamización sociolingüística.
IMPORTE DAS AXUDASAs axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).
O importe total do crédito consignado (
550.000 euros) distribuirase entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha
cantidade máxima de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase en proporción á xornada desenvolvida polo persoal.
FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDESO
prazo de presentación de solicitudes será de
30 días naturais desde o seguinte ao da
publicación no BOP do extracto da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (
BDNS).
Este
extracto publicouse no
BOP do 20 de xaneiro de 2023; polo tanto, o prazo de inscrición vai
do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro.
As
solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da
plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).
Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o
prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de marzo de 2024.
Información máis detallada:
- nas
bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 10 de xaneiro de 2023)
-
Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 20 de xaneiro de 2023)
ADDENDAResolución definitiva destas axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 26 de abril de 2023)