CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


936 votos
Votar | | | |


10-01-2023

Bases da convocatoria de axudas da Deputación da Coruña destinadas aos SNL

Deputación Provincial da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2023 as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL durante o ano 2023. O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2023.


A Deputación Provincial da Coruña anunciou no BOP do 10 de xaneiro de 2023 as bases do programa de axudas para a creación, mantemento e reforzo de servizos de normalización lingüística nas entidades locais da provincia durante o ano 2023.

ENTIDADES DESTINATARIAS DAS AXUDAS

Poderán solicitar esta subvención concellos da provincia da Coruña de 5.000 ou máis habitantes ou agrupacións de concellos, mancomunidades e outras entidades locais que, entre eles, cheguen ao mesmo número mínimo de habitantes.

MODALIDADES DE AXUDAS:

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes (única modalidade a que poden concorrer as cidades da provincia: A Coruña, Ferrol e Santiago de Compostela). Neste caso, o persoal de reforzo deberá dedicarse a labores de dinamización sociolingüística.

IMPORTE DAS AXUDAS

As axudas servirán para financiar as retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL).

O importe total do crédito consignado (550.000 euros) distribuirase entre as entidades beneficiarias, que recibirán unha cantidade máxima de 15.000 euros se a contratación se produce durante todo ano e a xornada completa. O importe reducirase en proporción á xornada desenvolvida polo persoal.

FORMA E PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais desde o seguinte ao da publicación no BOP do extracto da convocatoria segundo a remisión da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Este extracto publicouse no BOP do 20 de xaneiro de 2023; polo tanto, o prazo de inscrición vai do 21 de xaneiro ao 20 de febreiro.

As solicitudes presentaranse telematicamente na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de tramitación electrónica da Deputación (SUBTeL).

Así mesmo, na base 9.1 tamén se especifica o prazo de xustificación das subvencións unha vez concedidas: até as 14:00 horas do 30 de marzo de 2024.

Información máis detallada:

- nas bases específicas reguladoras desta convocatoria, en .pdf (BOP do 10 de xaneiro de 2023)

- Extracto da convocatoria, en .pdf (BOP do 20 de xaneiro de 2023)

ADDENDAS

Resolución definitiva destas axudas, en .pdf (BOP da Coruña do 26 de abril de 2023)

Resolución da concesión provisional condicionada á acreditación do carácter estrutural do posto, en .pdf (BOP da Coruña do 1 de xuño de 2023)

Resolución de desestimación de axudas a varias entidades locais, en .pdf (BOP da Coruña do 4 de setembro de 2023)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego