CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


926 votos
Votar | | | |


02-02-2023

A Deputación de Pontevedra aumenta as contías das axudas dirixidas aos SNL

Deputación Provincial de Pontevedra
O BOP de Pontevedra de hoxe, 2 de febreiro, publica as bases das axudas para a creación, mantemento e reforzo de SNL locais. A principal novidade deste ano é o aumento das contías por SNL, tanto para a creación (até 35000 euros) coma para o mantemento ou reforzo (até 25000 euros). O prazo para solicitar as axudas: até o 2 de marzo.


A Deputación Provincial de Pontevedra publica no BOP do 2 de febreiro de 2023, as bases das subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2023. No BOP do día anterior, 1 de febreiro, publicouse o extracto da convocatoria.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia.

- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando persoal a maiores ou incrementando a xornada do persoal existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística, entre as que se inclúen funcións xerais, de dinamización sociolingüística, de formación sociolingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación entre a Deputación e os concellos (base oitava da convocatoria).

PERÍODO QUE ABRANGUE A SUBVENCIÓN

Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2023.

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

As contías máximas por SNL e modalidde de axuda son as seguintes:

- creación de novos servizos de normalización lingüística: subvenciónase cun máximo de 35000 euros, que pode supor o 100% do gasto de persoal. As entidades que resulten beneficiadas deben comprometerse a manter o SNL durante polo menos dúas anualidades máis.

- mantemento ou reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes: subvenciónase cun máximo de 25000 euros, que pode supor até un 80% do gasto de persoal.

Se o orzamento total asignado non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, darase prioridade ás axudas para a creación de SNL e repartirase o crédito dispoñible entre as entidades beneficiarias da liña de mantemento e reforzo de SNL.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria e do extracto no BOP, é dicir, até o 2 de marzo.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 28 de febreiro de 2024.

Bases en .pdf (BOP do 2 de febreiro de 2023) [Trátase dunha corrección de erros da publicación do día anterior, que non incluía o texto correcto das bases.]

Extracto en .pdf (BOP do 1 de febreiro de 2023)

ADDENDA

Subvencións concedidas durante o primeiro trimestre de 2023, en .pdf (BOP de Pontevedra do 27 de xuño de 2023). Inclúe as axudas a concellos para servizos de normalización lingüística.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego