14-02-2023Bases da convocatoria dunha nova praza de tradutor/a de lingua galega na Deputación de Ourense

A
Deputación Provincial de Ourense publica as
bases da convocatoria para a provisión dunha praza de
tradutor/a de lingua galega dentro da
oferta de emprego público de 2021.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZAA praza é de persoal funcionario do subgrupo A1.
REQUISITOS DE TITULACIÓN PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVOTítulo universitario de grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español), estudos de galego e español, de galego e portugués: estudos lingüísticos e literarios, lingua e literatura galegas, tradución e interpretación ou equivalentes ou calquera outro título oficial universitario nivel 3 do marco español de cualificacións para a educación superior (nivel 7 do marco europeo de cualificacións) en calquera rama do coñecemento.
SISTEMA DE SELECCIÓNO sistema de selección é a
oposición libre.
A
oposición consistirá en tres exercicios obrigatorios e eliminatorios:
1.
Teórico escrito:
test sobre as materias do temario: 90 preguntas. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: unha hora e corenta e cinco minutos.
2.
Teórico escrito: consistirá en
desenvolver por escrito un cuestionario de varias preguntas de contido teórico-práctico da parte II do temario. Valorarase o contido, grao de coñecementos amosado e claridade no desenvolvemento da proba. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non acaden 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: determinarao o tribunal, máximo unha hora e trinta minutos.
3.
Práctico escrito: consistirá en
resolver por escrito un ou dous supostos prácticos en relación cos contidos da parte II do temario determinados polo tribunal inmediatamente antes da proba. Valorarase a profundidade de coñecementos, claridade e rigor na exposición e a adecuación das conclusións. A valoración será de 0 a 10 puntos e quedarán eliminadas as persoas aspirantes que non obteñan 5 puntos. Tempo de desenvolvemento: determinarao o tribunal, máximo dúas horas.
O
temario inclúe 18 temas sobre materias xerais e 82 sobre materias específicas, que abranguen historia da lingua, variedades e rexistros, sociolingüística e po proceso de normalización lingüística, unha ampla descrición da gramática do galego, tipoloxía textual, dicionarios e mesmo literatura.
PRAZO DE INSCRICIÓNO prazo de inscrición neste proceso selectivo será de
20 días naturais desde o seguinte á
publicación da convocatoria no BOE. Este
anuncio publicouse no BOE do 11 de marzo de 2023. Polo tanto
o prazo de inscrición é do 12 ao 31 de marzo de 2023.
Bases completas, en pdf (BOP de Ourense do 13 de febreiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 23 de febreiro de 2023)
Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOE do 11 de marzo de 2023)
Información sobre
procesos selectivos no web da Deputación Provincial de OurenseNestes momentos está en proceso de selección unha
praza de tradutor/a de lingua galega correspondente a OPE de 2019. Ambos os procesos de selección son similares, cun pequeno cambio no segundo exercicio de oposición.