15-02-2023Vémonos o 4 de marzo na Asemblea Xeral da CTNL
A CTNL convoca as súas socias e socios á súa Asemblea Xeral anual, que terá lugar o sábado 4 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio, ao cal poden acudir socios/as e non socios/as.
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en
Asemblea Xeral ordinaria o
sábado 4 de marzo, a partir das 10.00 h en primeira convocatoria e ás 10.30 h en segunda, na Sala Circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
-Día:
sábado 4 de marzo de 2023-Hora: primeira convocatoria,
ás 10.00 h; segunda convocatoria,
ás 10.30 h-Lugar:
Sala Circular do Auditorio de Galicia (avda. do Burgo das Nacións, s/n, Santiago de Compostela)
Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [
Acta da Asemblea Xeral ordinaria do 12 de marzo de 2022, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [
Informe de xestión de 2022, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas [
Informe económico 2022-2023, en .pdf]
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [
Proposta de liñas de acción para 2023, en .pdf]
7. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio
8. Rolda aberta de intervencións
DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEAPara preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva,
unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden
remitir ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
Convocatoria completa, en .pdfXANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICAO mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, na cafetería do Auditorio, un
xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar:
Lasso. A Cafetería do Auditorio |
https://cafeterialasso.gal/• Hora:
14.00 h• Menú: : bufete, que adoita incluír os seguintes pratos:
- bufete libre de ensalada
- crema ou sopa quente
- prato vexetariano/vegano
- prato de carne
- prato de peixe
- gornicións (normalmente arroz e pataca)
- sobremesas
• Prezo:
14 euros (inclúe auga e pan, pero non a sobremesa, café nin outras bebidas, que se pagan á parte). Hai un
prezo reducido para crianzas de ata 4 (8 euros) ou ata 10 anos (10 euros), con pan, auga e sobremesa incluída.
• Confirmación: agradecemos a
confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible e, en todo caso,
até o 26 de febreiro, no enderezo
info@ctnl.gal ou no teléfono
629571950.