01-03-2023A Deputación de Lugo convoca un proceso para a contratación temporal de TNL
A
Deputación Provincial de Lugo publicou no
BOP do 1 de marzo de 2023 as bases específicas do
proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística.
REQUISITOS DE TITULACIÓNLicenciatura en Filoloxía Galega; licenciatura en Filoloxía Hispánica (con habilitación de galego); licenciatura en Filosofía e Letras (sección Filoloxía hispánica, subsección galego-portugués); grao universitario en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español); grao universitario de Estudos de Galego e Español; grao universitario en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; ou grao universitario en Lingua e Literatura Galegas.
NIVEL DE GALEGOCelga 5
SISTEMA DE SELECCIÓNDe acordo coas
bases xerais, o sistema de selección será o
concurso-oposición. Realizarase en primeiro lugar a oposición e só concorrerán á fase de concurso as persoas que superen esta primeira fase.
Fase de oposiciónAbranguerá as seguintes probas:
Proba de coñecementos xerais e específicos, que é obrigatoria e eliminatoria. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específicas contidas no programa incluído nas
bases específicas. A proba poderá consistir, segundo determine o tribunal, en:
Opción 1: a)
exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias comúns do programa sinalado nas bases específicas; b)
exposición por escrito dun tema, das materias específicas do programa contido nas bases específicas.
Opción 2:
exercicio tipo test que abarque a
totalidade do programa (materias comúns e específicas).
Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.
Proba práctica, tamén obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas materias específicas do programa que permita valorar a aplicación dos coñecementos teóricos e capacidades das persoas aspirantes, coñecer as súas habilidades e destrezas e a capacidade de análise.
Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.
Proba de galego, en caso de que non se acredite o nivel de coñecemento requirido nas bases específicas, neste caso, Celga 5.
Fase de concursoConsistirá nun
baremo de méritos e nunha
entrevista curricular. Nos méritos terase en conta a experiencia laboral, a formación e a superación de exercicios noutros procesos.
PRAZOO prazo de inscricións é de
10 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir,
o prazo finaliza o 13 de marzo (por ser inhábil o 11 de marzo, último día de prazo).
Bases xerais dos procesos de contratación temporal da Deputación de Lugo, en .pdf (BOP do 6 de abril de 2020, pp. 2-21)
Corrección de erros das bases xerais, en .pdf (BOP do 15 de xullo de 2020, pp. 6-7)
Bases específicas para a listaxe de técnico/a de normalización lingüística, en .pdf (BOP do 1 de marzo de 2023, pp. 1-4)
Pódese consultar a
información sobre este proceso selectivo no web da Deputación Provincial de Lugo.