CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


996 votos
Votar | | | |


01-03-2023

A Deputación de Lugo convoca un proceso para a contratación temporal de TNL

Deputación de Lugo
A Deputación Provincial de Lugo convoca un proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística. A modalidade de selección é un concurso-oposición e o prazo para presentar solicitudes é de 10 días naturais.


A Deputación Provincial de Lugo publicou no BOP do 1 de marzo de 2023 as bases específicas do proceso selectivo para crear unha listaxe de contratación temporal de técnico/a de normalización lingüística.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciatura en Filoloxía Galega; licenciatura en Filoloxía Hispánica (con habilitación de galego); licenciatura en Filosofía e Letras (sección Filoloxía hispánica, subsección galego-portugués); grao universitario en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios (galego e español); grao universitario de Estudos de Galego e Español; grao universitario en Galego e Portugués: estudos lingüísticos e literarios; ou grao universitario en Lingua e Literatura Galegas.

NIVEL DE GALEGO

Celga 5

SISTEMA DE SELECCIÓN

De acordo coas bases xerais, o sistema de selección será o concurso-oposición. Realizarase en primeiro lugar a oposición e só concorrerán á fase de concurso as persoas que superen esta primeira fase.

Fase de oposición

Abranguerá as seguintes probas:

Proba de coñecementos xerais e específicos, que é obrigatoria e eliminatoria. Esta proba terá carácter teórico e a súa finalidade é que os aspirantes poidan amosar os seus coñecementos sobre as materias comúns e as materias específicas contidas no programa incluído nas bases específicas. A proba poderá consistir, segundo determine o tribunal, en:

Opción 1: a) exame tipo test sobre os temas incluídos no apartado de materias comúns do programa sinalado nas bases específicas; b) exposición por escrito dun tema, das materias específicas do programa contido nas bases específicas.

Opción 2: exercicio tipo test que abarque a totalidade do programa (materias comúns e específicas).

Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.

Proba práctica, tamén obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dun suposto práctico relacionado coas materias específicas do programa que permita valorar a aplicación dos coñecementos teóricos e capacidades das persoas aspirantes, coñecer as súas habilidades e destrezas e a capacidade de análise.

Esta proba cualificarase ata un máximo de 20 puntos e a puntuación mínima para superala será de 10 puntos.

Proba de galego, en caso de que non se acredite o nivel de coñecemento requirido nas bases específicas, neste caso, Celga 5.

Fase de concurso

Consistirá nun baremo de méritos e nunha entrevista curricular. Nos méritos terase en conta a experiencia laboral, a formación e a superación de exercicios noutros procesos.

PRAZO

O prazo de inscricións é de 10 días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, o prazo finaliza o 13 de marzo (por ser inhábil o 11 de marzo, último día de prazo).

Bases xerais dos procesos de contratación temporal da Deputación de Lugo, en .pdf (BOP do 6 de abril de 2020, pp. 2-21)

Corrección de erros das bases xerais, en .pdf (BOP do 15 de xullo de 2020, pp. 6-7)

Bases específicas para a listaxe de técnico/a de normalización lingüística, en .pdf (BOP do 1 de marzo de 2023, pp. 1-4)

Pódese consultar a información sobre este proceso selectivo no web da Deputación Provincial de Lugo.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Maio de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30 31     
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego