CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1006 votos
Votar | | | |


21-03-2023

PuntoGal e a CTNL colaboran para potenciar a difusión de produtos en galego

PuntoGal e Agasallo
A asociación PuntoGal e a CTNL acabamos de asinar un convenio de colaboración para traballar conxuntamente na difusión de produtos en galego por medio do proxecto Agasallo.


O mes pasado asinamos coa asociación PuntoGal un convenio de colaboración mediante o cal a CTNL proporá produtos en galego a través do seu proxecto Agasallo que PuntoGal sorteará nas redes sociais de ambas as asociacións. A través de sorteos mensuais daranse a coñecer produtos en galego e promoverase a súa escolla e consumo, un dos obxectivos con que naceu en 2013 o proxecto Agasallo.

A intención da colaboración de ambas as entidades é darlles visibilidade a libros, música, xogos, téxtil, alimentación, artesanía ou calquera outra categoría de produto que empregue a nosa lingua na comercialización, na etiquetaxe ou no contido. Búscase unir forzas para unha maior difusión das empresas e profesionais que usan a lingua galega na súa estratexia de mercado, co fin de chegar a máis público e facernos reflexionar sobre as nosas escollas lingüísticas como clientes.

Desenvolvemento da colaboración

No marco deste acordo, a CTNL seleccionará mensualmente, grazas ao labor constante de difusión do proxecto Agasallo, un lote de produtos que PuntoGal sorteará a través das redes sociais de Agasallo e da propia asociación PuntoGal.

Alén do sorteo mensual, PuntoGal fará de cada lote unha peza informativa para explicar a orixe dos produtos, as empresas que hai detrás ou a maneira de contactar con elas, de tal forma que se lles posibilite unha nova canle de difusión.

O primeiro sorteo realizarase no mes de abril. Ambas as entidades publicarán a principios de mes o seu contido, así como as bases para participar.

PuntoGal e a CTNL

PuntoGal, o rexistro galego, conta con máis de 6.800 dominios e segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran darse a coñecer na rede como parte da comunidade galega poidan facelo a un prezo competitivo.

A CTNL botou a andar o proxecto Agasallo na Culturgal do ano 2013. Primeiro cun portal web específico e desde sempre nas redes sociais, o ánimo do proxecto mantívose inalterado: contribuír á difusión do traballo daquelas empresas e profesionais do ámbito cultural (mais non só) que visibilizan a lingua galega nos seus produtos e promover a elección de agasallos na nosa lingua.

As redes

Síguenos nas redes sociais do proxecto Agasallo (Facebook, Twitter e Instagram) e da asociación PuntoGal (Facebook, Twitter e Instagram) para participar nos sorteos e coñecer as numerosas posibilidades de agasallar con produtos na nosa lingua.

Calendario de sorteos

1. Sorteo do mes de abril
2. Sorteo do mes de maio
3. Sorteo do mes de xuño
4. Sorteo do mes de xullo
5. Sorteo do mes de agosto
6. Sorteo do mes de setembro
7. Sorteo do mes de outubro
8. Sorteo do mes de novembro
9. Sorteo do mes de decembro

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego