21-03-2023PuntoGal e a CTNL colaboran para potenciar a difusión de produtos en galego

A asociación
PuntoGal e a CTNL acabamos de asinar un
convenio de colaboración para traballar conxuntamente na
difusión de produtos en galego por medio do proxecto
Agasallo.
O mes pasado asinamos coa asociación
PuntoGal un
convenio de colaboración mediante o cal a CTNL proporá produtos en galego a través do seu proxecto
Agasallo que PuntoGal sorteará nas redes sociais de ambas as asociacións. A través de
sorteos mensuais daranse a coñecer produtos en galego e promoverase a súa escolla e consumo, un dos obxectivos con que naceu en 2013 o proxecto Agasallo.
A intención da
colaboración de ambas as entidades é darlles visibilidade a libros, música, xogos, téxtil, alimentación, artesanía ou calquera outra categoría de produto que empregue a nosa lingua na comercialización, na etiquetaxe ou no contido. Búscase unir forzas para unha
maior difusión das empresas e profesionais que usan a lingua galega na súa estratexia de mercado, co fin de chegar a máis público e facernos reflexionar sobre as nosas escollas lingüísticas como clientes.
Desenvolvemento da colaboraciónNo marco deste acordo,
a CTNL seleccionará mensualmente, grazas ao labor constante de difusión do proxecto
Agasallo, un
lote de produtos que PuntoGal sorteará a través das redes sociais de Agasallo e da propia asociación PuntoGal.
Alén do sorteo mensual, PuntoGal fará de cada lote unha
peza informativa para explicar a orixe dos produtos, as empresas que hai detrás ou a maneira de contactar con elas, de tal forma que se lles posibilite unha nova canle de difusión.
O
primeiro sorteo realizarase
no mes de abril. Ambas as entidades publicarán a principios de mes o seu contido, así como as bases para participar.
PuntoGal e a CTNLPuntoGal, o rexistro galego, conta con
máis de 6.800 dominios e segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran darse a coñecer na rede como parte da comunidade galega poidan facelo a un prezo competitivo.
A CTNL botou a andar o proxecto
Agasallo na Culturgal do ano 2013. Primeiro cun portal web específico e desde sempre nas redes sociais, o ánimo do proxecto mantívose inalterado: contribuír á difusión do traballo daquelas empresas e profesionais do ámbito cultural (mais non só) que visibilizan a lingua galega nos seus produtos e promover a elección de agasallos na nosa lingua.
As redesSíguenos nas redes sociais do
proxecto Agasallo (
Facebook,
Twitter e
Instagram) e da
asociación PuntoGal (
Facebook,
Twitter e
Instagram) para participar nos sorteos e coñecer as numerosas posibilidades de agasallar con produtos na nosa lingua.
Calendario de sorteos1. Sorteo do mes de abril2. Sorteo do mes de maio