CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


271 votos
Votar | | | |


13-04-2023

Queremos Galego convoca concentracións o 17 de maio para reivindicar o galego, aquí e agora

En galego, aquí e agora
A plataforma Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca para o 17 de maio concentracións nas cidades e nas principais vilas de Galiza. O lema da convocatoria deste ano de eleccións locais é "En galego, aquí e agora".








A plataforma cidadá Queremos Galego volve convocar a sociedade galega a concentracións por todo o país o vindeiro 17 de maio. As concentracións terán lugar ás 12.00 h en todas as cidades e nalgunhas vilas.

En galego, aquí e agora

Coincidindo coas eleccións municipais, esta plataforma, na cal participa a CTNL, quere destacar a responsabilidade das entidades locais na promoción da lingua, tanto á hora de contratar servizos que logo repercuten na cidadanía (comedores escolares, actividades extraescolares etc.) coma na xestión cotiá das propias entidades.

Este ano ademais é o 40 aniversario da Lei de normalización lingüística, norma que se demostrou insuficiente, por falta de desenvolvemento, para acadar obxectivos de normalización da lingua. Tras catro décadas, os avances foron froito do movemento social, que está reclamando seguido, e os retrocesos responsabilidade de diversas administracións que continúan a pór trabas ao emprego e á promoción da lingua.

Presentación da manifestación

O pasado mércores, 12 de abril, Queremos Galego presentou esta convocatoria en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Compostela. Na presentación participaron representantes de parte das entidades que forman parte da plataforma.

No acto salientouse a crecente mobilización social a favor da lingua ante os retrocesos e dificultades en diferentes ámbitos: ensino, medios de comunicación, lecer, relación coas administracións, xustiza, sanidade...

Máis información no web da plataforma

No web da plataforma Queremos Galego pódese consultar e asinar o manifesto desta convocatoria, descargar materiais para a súa difusión e informarse dos lugares onde terán lugar as concentracións.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego