13-04-2023Queremos Galego convoca concentracións o 17 de maio para reivindicar o galego, aquí e agora
A plataforma
Queremos Galego, da cal forma parte a CTNL, convoca para o
17 de maio concentracións nas cidades e nas principais vilas de Galiza. O lema da convocatoria deste ano de eleccións locais é "
En galego, aquí e agora".
A plataforma cidadá
Queremos Galego volve convocar a sociedade galega a
concentracións por todo o país o vindeiro 17 de maio. As concentracións terán lugar
ás 12.00 h en todas as cidades e nalgunhas vilas.
En galego, aquí e agoraCoincidindo coas eleccións municipais, esta plataforma, na cal participa a CTNL, quere destacar a
responsabilidade das entidades locais na promoción da lingua, tanto á hora de contratar servizos que logo repercuten na cidadanía (comedores escolares, actividades extraescolares etc.) coma na xestión cotiá das propias entidades.
Este ano ademais é o
40 aniversario da Lei de normalización lingüística, norma que se demostrou insuficiente, por falta de desenvolvemento, para acadar obxectivos de normalización da lingua. Tras catro décadas, os
avances foron
froito do movemento social, que está reclamando seguido, e os retrocesos responsabilidade de diversas administracións que continúan a pór trabas ao emprego e á promoción da lingua.
Presentación da manifestaciónO pasado mércores, 12 de abril, Queremos Galego
presentou esta convocatoria en rolda de prensa na Libraría Couceiro de Compostela. Na presentación participaron representantes de parte das entidades que forman parte da plataforma.
No acto salientouse a
crecente mobilización social a favor da lingua ante os retrocesos e dificultades en diferentes ámbitos: ensino, medios de comunicación, lecer, relación coas administracións, xustiza, sanidade...
Máis información no web da plataformaNo
web da plataforma Queremos Galego pódese
consultar e asinar o manifesto desta convocatoria, descargar
materiais para a súa difusión e informarse dos
lugares onde terán lugar as concentracións.