CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


652 votos
Votar | | | |


17-05-2023

Curso de verán de dinamización lingüística: Traballando en lingua no lecer

Traballando en lingua no lecer
A Universidade da Coruña, en colaboración co Concello de Carballo e coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca para o 12 e 13 de xullo unha nova edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, dedicado ao lecer .


A Universidade da Coruña convoca a décimo sexta edición do seu curso de verán sobre dinamización lingüística, titulado nesta ocasión Traballando en lingua no lecer. Esta actividade formativa centrarase en analizar o fomento do uso da lingua a través do lecer e nas ferramentas para a transmitirmos desde diversos ámbitos e para a utilizarmos na mellora do seu proceso de normalización, traballando os argumentos, as accións, a creatividade, a implicación, os métodos etc.

Colaboran no curso o Concello de Carballo e a Secretaría xeral de Política Lingüística.

O curso terá lugar no Fórum Carballo os días 12 e 13 de xullo de 2023.

Matrícula

O prazo de inscrición está aberto até o día 6 de xullo e hai diferentes modalidades de matrícula:
- para membros da comunidade da UDC, alumnado doutras universidades, persoas desempregadas ou pensionistas terá un importe de 30 euros
- a inscrición xeral será de 50 euros
- haberá tamén catro bolsas con matrícula gratuíta.

Persoas destinatarias

Persoas que traballan ou que están interesadas no proceso de normalización da lingua galega, especialmente técnicos/as de normalización lingüística, docentes, dinamizadoras/es socioculturais, estudantes, membros de asociacións, de empresas de dinamización social, lingüística ou cultural, técnicas/os de cultura, animadoras/es, etc.

Programa completo, inscrición e máis información aquí.

Programa en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
              1 2
    3 4 5 6 7 8 9
    10 11 12 13 14 15 16
    17 18 19 20 21 22 23
    24 25 26 27 28 29 30
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego