25-05-2023Vilagarcía de Arousa publica as bases para a provisión dunha praza de TNL

O
Concello de Vilagarcía de Arousa publicou na súa
sede electrónica as
bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público para 2022. Estas bases publicaranse no
BOP de Pontevedra e posteriormente tamén se publicarán anuncios da convocatoria no
DOG e no
BOE.
O
Concello de Vilagarcía de Arousa publicou o 4 de maio na súa
sede electrónica as
bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, praza incluída na
oferta de emprego público para 2022. Con esta convocatoria o concello vilagarcián disponse a recuperar o SNL, que
leva sen funcionar desde agosto de 2020.
CARACTERÍSTICAS DA PRAZATrátase dunha praza de persoal funcionario do subgrupo A2, escala de Administración especial.
REQUISITOS DE TITULACIÓNEstar en posesión ou en condición de obtela na data de terminación do prazo de presentación de instancias da titulación de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura ou grao, sempre que se dispoña do Celga 5.
OUTROS REQUISITOSAlén dos requisitos de nacionalidade, idade e habilitación, requírese permiso de conducir da clase B.
SISTEMA DE SELECCIÓNO procedemento de selección será o de
concurso-oposición.
Fase de concursoTerá unha puntuación máxima de 40 puntos, non terá carácter eliminatorio e terá en conta os seguintes
méritos:
- Servizos prestados no posto obxecto da convocatoria (até 24 puntos)
- Formación relacionada co posto de traballo (até 3 puntos)
- Docencia en cursos de lingua galega (até 3 puntos)
- Publicacións, creación de materiais e conferencias relacionadas coa lingua galega (até 4 puntos)
- Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua galega (até 6 puntos)
Fase de oposiciónConsistirá en
dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:
- Primeiro exercicio: cuestionario tipo test de 50 preguntas propostas polo Tribunal que versarán sobre os temas que figuran no temario de materias comúns e específicas do anexo II das bases. Cualificarase de 0 a 30 puntos, e para superalo será necesario obter 15 puntos.
- Segundo exercicio: suposto práctico relativo ás materias da parte específica do programa que figura como anexo da convocatoria. O Tribunal de selección, con carácter previo a realización da proba, fará pública a estrutura desta e, se é o caso, os criterios de corrección. Cualificarase de 0 a 30 puntos, e para superalo será necesario obter 15 puntos.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZOAs persoas que desexen tomar parte nesta proba selectiva deberán facelo constar mediante unha
instancia dirixida ao alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
O
prazo de presentación de solicitudes será de
vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente
anuncio de convocatoria no Boletín Oficial do Estado,
publicación que aínda non se produciu.
Oferta de emprego público para 2022, en pdf (BOP de Pontevedra do 18 de agosto de 2022)
Bases en .pdf (inclúen o anexo co temario común e o temario específico)
Información sobre este proceso selectivo na
sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa.