CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


715 votos
Votar | | | |


25-05-2023

Vilagarcía de Arousa publica as bases para a provisión dunha praza de TNL

Concello de Vilagarcía de Arousa
O Concello de Vilagarcía de Arousa publicou na súa sede electrónica as bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, incluída na oferta de emprego público para 2022. O prazo de inscrición neste proceso selectivo está aberto do 27 de setembro ao 16 de outubro de 2023.


O Concello de Vilagarcía de Arousa publicou o 4 de maio na súa sede electrónica as bases para a provisión dunha praza de técnico/a medio de normalización lingüística, praza incluída na oferta de emprego público para 2022. Con esta convocatoria o concello vilagarcián disponse a recuperar o SNL, que leva sen funcionar desde agosto de 2020.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

Trátase dunha praza de persoal funcionario do subgrupo A2, escala de Administración especial.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Estar en posesión ou en condición de obtela na data de terminación do prazo de presentación de instancias da titulación de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués), grao en Lingua Galega, ou titulado en calquera outra licenciatura ou grao, sempre que se dispoña do Celga 5.

OUTROS REQUISITOS

Alén dos requisitos de nacionalidade, idade e habilitación, requírese permiso de conducir da clase B.

SISTEMA DE SELECCIÓN

O procedemento de selección será o de concurso-oposición.

Fase de concurso

Terá unha puntuación máxima de 40 puntos, non terá carácter eliminatorio e terá en conta os seguintes méritos:

- Servizos prestados no posto obxecto da convocatoria (até 24 puntos)

- Formación relacionada co posto de traballo (até 3 puntos)

- Docencia en cursos de lingua galega (até 3 puntos)

- Publicacións, creación de materiais e conferencias relacionadas coa lingua galega (até 4 puntos)

- Participación en proxectos de investigación relacionados coa lingua galega (até 6 puntos)

Fase de oposición

Consistirá en dous exercicios de carácter obrigatorio e eliminatorio:

- Primeiro exercicio: cuestionario tipo test de 50 preguntas propostas polo Tribunal que versarán sobre os temas que figuran no temario de materias comúns e específicas do anexo II das bases. Cualificarase de 0 a 30 puntos, e para superalo será necesario obter 15 puntos.

- Segundo exercicio: suposto práctico relativo ás materias da parte específica do programa que figura como anexo da convocatoria. O Tribunal de selección, con carácter previo a realización da proba, fará pública a estrutura desta e, se é o caso, os criterios de corrección. Cualificarase de 0 a 30 puntos, e para superalo será necesario obter 15 puntos.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As persoas que desexen tomar parte nesta proba selectiva deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao alcalde-presidente do Concello de Vilagarcía de Arousa, que se presentará no Rexistro Xeral do Concello ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no Boletín Oficial do Estado, anuncio que se publicou no BOE do 26 de setembro de 2023. Polo tanto, o prazo de inscrición vai do 27 de setembro ao 16 de outubro de 2023.

Oferta de emprego público para 2022, en pdf (BOP de Pontevedra do 18 de agosto de 2022)

Bases en .pdf (inclúen o anexo co temario común e o temario específico)

Convocatoria e bases específicas en .pdf (BOP de Pontevedra do 14 de xuño de 2023)

Anuncio da convocatoria no DOG, en .pdf (DOG do 9 de agosto de 2023)

Anuncio da convocatoria no BOE, en .pdf (BOR do 26 de setembro de 2023)

Información sobre este proceso selectivo na sede electrónica do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
                1
    2 3 4 5 6 7 8
    9 10 11 12 13 14 15
    16 17 18 19 20 21 22
    23 24 25 26 27 28 29
    30 31      
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego