CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


177 votos
Votar | | | |


30-05-2023

A Deputación de Pontevedra convoca unha praza de tradutor/a de lingua galega como funcionario/a interino/a

Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade. O prazo para presentar solicitudes finaliza o 5 de xuño.








A Deputación de Pontevedra publicou no BOP de Pontevedra do 26 de maio a convocatoria dunha praza de tradutor/a de lingua galega en réxime de interinidade.

CARACTERÍSTICAS DA PRAZA

Trátase dunha praza de persoal funcionario interino, encadrada no grupo A2-23.

REQUISITOS DE TITULACIÓN

Licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Galega e Española, en Lingua e Literatura Galegas, tradución con especialidade en galego ou equivalentes, ou estar en condicións de obter esta titulación o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

SISTEMA DE SELECCIÓN

O procedemento de selección será o de oposición, que incluirá dous exercicios:

- Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con varias respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do programa. O tempo para a realización deste exercicio será de 40 minutos.

- Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na tradución directa dun texto en castelán elixido polo tribunal ao idioma galego, e/ou a corrección dun texto en galego coa xustificación das correccións realizadas, sen axuda do dicionario. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais desde o seguinte á publicación da convocatoria no BOP, é dicir, até o 5 de xuño.

Bases da convocatoria, en .pdf (BOP de Pontevedra do 26 de maio de 2023)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023

Avisos

    mes anterior
    Agosto de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego