CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1410 votos
Votar | | | |


27-06-2023

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón

Concello de Narón
O Concello de Narón publicou no BOP de hoxe a súa Ordenanza de normalización lingüística. Este texto aprobouse no Pleno da Corporación do pasado 27 de abril.





O Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 27 de xuño de 2023 publicou a aprobación definitiva da Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón, un texto aprobado no Pleno municipal o 27 de abril de 2023.

Este texto normativo do Concello de Narón declara o galego como idioma oficial do Concello, por ser lingua propia e oficial de Galicia. Por tanto, establécese que "O Concello de Narón empregará o galego en todas as súas accións, nas súas actuacións administrativas, na documentación, na comunicación social, e nas relacións coa cidadanía e con todas as entidades situadas en Galicia, así como con aquelas radicadas fóra da comunidade autónoma que admitan o galego para as actuacións administrativas".

Ao longo dos seus 14 capítulos, 23 artigos e disposición derradeira, regúlase o uso oficial do idioma galego; o ámbito de aplicación; a atención ao público; o emprego da lingua na documentación e actuación administrativa; nas publicacións, accións informativas, formativas e actividades públicas; nas relación coas empresas privadas; na relación con outras administracións; polo persoal ao servizo da Administración; na toponimia, nomes de rúas, edificios e outras localizacións; e na sinalización e rotulación. Tamén se establece a responsabilidade do concello no impulso institucional do idioma e o labor de mellora da calidade e corrección lingüísticas e da linguaxe inclusiva.

O SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O texto da ordenanza recolle no seu artigo 22 que o Concello de Narón conta cun servizo de normalización lingüística, "departamento técnico encargado de impulsar a normalización da lingua galega, procurar o incremento do uso e prestixio do idioma galego no ámbito municipal e coordinar as accións necesarias para darlle cumprimento a esta ordenanza".

No mesmo artigo detállanse as funcións deste departamento, que se clasifican en catro áreas: funcións xerais, funcións de dinamización lingüística, funcións de formación sociolingüística e funcións de asesoramento lingüístico.

Tamén se establece no artigo 23 a creación dunha comisión político-técnica de seguimento da ordenanza, co fin de analizar o seu cumprimento e desenvolvemento e rpopor medidas para a súa aplicación.

A ordenanza do Concello de Narón entrará en vigor aos 15 días da súa publicación no BOP.

Ordenanza de normalización lingüística do Concello de Narón, en .pdf

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Outubro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
      1 2 3 4 5 6
    7 8 9 10 11 12 13
    14 15 16 17 18 19 20
    21 22 23 24 25 26 27
    28 29 30 31    
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego