CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Formación


405 votos
Votar | | | |


19-09-2023

Chegan os XXV Encontros para a Normalización Lingüística co foco no ámbito socioeconómico

XXV Encontros para a Normalización Lingüística
Economía, lingua e sustentabilidade, tres conceptos que servirán de fío condutor das análises e reflexións dos XXV Encontros para a Normalización Lingüística, que se centrarán no ámbito socioeconómico, un dos motores da normalización da nosa lingua. A sesión presencial desta edición terá lugar en Compostela o 17 de outubro e con anterioridade difundiranse pezas audiovisuais para adiantar contidos. A inscrición nesta xornada presencial está aberta.


A vixésimo quinta edición dos Encontros para a Normalización Lingüística busca poñer o foco no ámbito socioeconómico e presentará unha panorámica da situación, analizará os dereitos lingüísticos de persoas consumidoras e emprendedoras e traerannos presentacións de experiencias e iniciativas normalizadoras deseñadas por profesionais e entidades do ámbito público e privado.

Teremos ademais a oportunidade de comprobar como actividades empresariais que valoran a proximidade e a sustentabilidade atopan no uso do galego un elemento potenciador de seu. E tamén poderemos dialogar con empresas que, pola súa actividade e a súa relación de servizo con outras, se converten en amplificadoras do uso da lingua.

A sesión presencial e de encontro desenvolverase na mañá e na tarde do martes 17 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, s/n, Santiago de Compostela). Con anterioridade difundiranse unha serie de pílulas audiovisuais cunha breve presentación dos contidos, elaboradas por Café Derby 21 e A Lobeira Today.

PROGRAMA DA SESIÓN PRESENCIAL

Sesión da mañá

9:45 horas: inauguración

10:00 horas: SITUACIÓN DA LINGUA GALEGA NO SECTOR ECONÓMICO. Descrición panorámica do uso do galego nos sectores recollidos no PDLG no tecido económico.
- Miguel Guisantes Alonso, investigador no Instituto da Lingua Galega (USC)

10:45 horas: MERCAR EN GALEGO. DEREITOS E REALIDADES. Análise dos dereitos dos consumidores e consumidoras, dificultades xurídicas para exercelos e experiencias de reclamacións destes.
- Xoán Antón Pérez Lema, avogado e consultor
- Sara Seco Rial, A Mesa pola Normalización Lingüística

11:45 horas: debate conxunto
Presenta e modera: Anxos Sobriño

12:00 horas: pausa

12:30 horas: VENDER EN GALEGO. PROMOCIÓN E INTERVENCIÓN. Perspectiva histórica da promoción do uso da lingua mediante actividades de entidades públicas e privadas. Capacidade dinamizadora de determinados sectores económicos centrados en servizos de mediación. Visión externa desde a perspectiva da publicidade.
- Xosé Carballido Presas, Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros (IRGADE)
- Paulo Rodríguez, Dinahosting
- Emi Candal, Espazo coop. Unión de Cooperativas Galegas
- Xosé García, DAG: Asociación Galega do Deseño

Presenta e modera: Bernardo Penabade
Divulga: A Lobeira Today

14:00 horas: final da sesión da mañá

Sesión da tarde

16:00 horas: LINGUA, CALIDADE E PROXIMIDADE. Presentación e posta en valor de empresas que unen a lingua galega aos seus principios de calidade e proximidade.
- Gabriela González, Vegalsa-Eroski
- Pedro González Boquete, Leite Noso
- Antón Ínsua, Coop57
- Jesús Antonio Méndez Álvarez-Cedrón, Caixa Rural Galega

Presenta e modera: Xaime Varela
Divulga: Café Derby 21

17:30 horas: pausa

18:00 horas: LINGUA E SUSTENTABILIDADE. Presentación e posta en valor de empresas que ligan a lingua galega á súa distinción pola sustentabilidade.
- Carolina Sánchez Sanz, Espiga. Asociación Galega para a Bioconstrución
- Francisco Xabier Almuíña, Fegatur. Federación Galega de Turismo Rural
- Xosé Lois Lamazares, Daveiga. Produción responsable

Presenta e modera: Manuel Maseda
Divulga: A Lobeira Today

19:30 horas: clausura

Os XXV Encontros para a Normalización Lingüística finalizarán coa actuación do Mago Teto.

INSCRICIÓN

A inscrición nos XXV Encontros para a Normalización Lingüística é gratuíta e debe facerse a través do formulario desta páxina. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Organiza: Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega coa colaboración da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Política Lingüística)

Programa en .pdf e máis información no web do CDSG.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego