02-10-2023Os SNL como centros xestores de recursos públicos, novo curso da CTNL
A CTNL organiza o curso Os SNL como centros xestores de recursos públicos. Impartirao Mónica Legaspi, licenciada en Ciencias Económicas e Dereito e interventora da Deputación de Ourense. O curso terá lugar en Compostela os días 6, 9 e 14 de novembro.
POR QUE ESTE CURSO?A finalidade desta actividade formativa é
coñecermos con máis profundidade a xestión pública co fin de abordar con seguranza desde os SNL o procedemento administrativo, a convocatoria e resolución de subvencións, a elaboración de contratos, etc.
OBXECTIVOS DO CURSO- Coñecer o procedemento administrativo xeral que afecta aos SNL
- Achegarse aos trámites administrativos habituais que se desenvolven nos SNL: expedientes administrativos, contratos, subvencións, orzamentos…
- Fornecer dos recursos básicos para desenvolver o traballo de xestión administrativa nun SNL
CONTIDOSMód. 1. O procedemento administrativo- Obxecto das leis 39/2015 e 40/2015
- Contido, ámbito de aplicación e proceso de entrada en vigor
- Principais novidade de ámbalas dúas leis.
- Os consorcios locais: réxime de adscrición, réxime de persoal, creación, disolución e contido
- Capacidade e representación
- Identificación e sinatura electrónica
- Administración electrónica: dereitos do cidadán
- Motivación dos actos e prazos para resolver
- Cambios no silencio administrativo
- Termos e prazos, notificacións
- Especialidades no exercicio da potestade sancionadora e na responsabilidade patrimonial
- A revisión dos actos en vía administrativa
- Os recursos administrativos: características xerais
- O recurso de alzada
- O recurso potestativo de reposición
- O recurso extraordinario de revisión
Mód. 2. Os orzamentos locais. Regulación orzamentaria local, estrutura e aprobación- O orzamento como instrumento da xestión económica das administracións públicas
- O réxime orzamentario
- Os principios orzamentarios
- Clasificación por programas de gastos
- Clasificación económica de gastos
- A aplicación orzamentaria e bolsas de vinculación
- Fondo de continxencia
- Clasificación de previsión de ingresos
- Taller práctico
- As bases de execución
- Os anexos do orzamento xeral
- Elaboración e aprobación do orzamento
- A prórroga do orzamento e as modificacións orzamentarias
Mód. 3. As subvencións- Obxecto. Concepto de subvención
- Ámbito de aplicación subxectivo
- Exclusións do ámbito de aplicación da lei
- Réxime xurídico das subvencións
- Requisitos para a concesión
- Beneficiarios
- Obrigas dos beneficiarios
- O procedemento da concesión de subvencións
- As bases reguladoras da concesión das subvencións
- Concesión directa
- Réxime de concorrencia competitiva
- Xestión orzamentaria das subvencións
- Procedemento de xustificación da subvención pública. Procedemento de xestión orzamentaria
Mód. 4. Os contratos do sector público- A contratación do sector público nas AAPP
- Tipoloxía xeral de contratos
- Negocios e contratos excluídos
- As prohibicións de contratar
- Os prezos nos contratos
- Os anticipos de caixa fixa
- A función interventora na fase de preparación, adxudicación e no control
- A nova regulación do contrato menor
- O procedemento aberto simplificado
- O procedemento negociado con e sen licitación
- Criterios de adxudicación e valorización de criterios
- As mesas de contratación
- Aclaración de ofertas
- Ofertas desproporcionadas
- Formalización e publicidade
- Obrigas do responsable da execución
- Recepción e garantía
- Resolución anticipada
DOCENTEMónica Legaspi Díaz, interventora xeral da Deputación Provincial de Ourense.
É licenciada en Ciencias Económicas e en Dereito con ampla experiencia docente na área da xestión pública, tanto nas universidades de Santiago de Compostela e Vigo como para a EGAP, a INAP, a Fegamp, a AGASP e diferentes concellos e deputacións.
A súa experiencia laboral en diversas administracións locais favorece unha abordaxe aplicada dos contidos do curso.
PERSOAS DESTINATARIAS- Técnicos/as de servizos de normalización lingüística (SNL)
- Traballadores/as de empresas, asociacións e outras entidades relacionadas coa normalización da lingua
- Persoas interesadas en traballar pola normalización da lingua
Límite de prazas:
25DURACIÓN DO CURSO20 horasDATAS E HORARIO-
6 de novembro de 2023, en horario
de 10 a 14 h-
9 de novembro de 2023, en horario
de 10 a 14 h e de 16 a 20 h-
14 de novembro de 2023, en horario
de 10 a 14 h e de 16 a 20 hLUGAR DO CURSONa
Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte, avenida de Castelao, s/n, Santiago de Compostela)
PRAZO DE INSCRICIÓN-
Do 5 ao 25 de outubro de 2023AVISO:
non se habilitará o formulario de inscrición ata que comece este prazo.
ORGANIZA-Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL)
COLABORAN-Facultade de Filoloxía, Universidade de Santiago de Compostela
-Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Secretaría Xeral de Política Lingüística)
Información completa e formulario de inscriciónConvocatoria completa en .pdf