CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Lingua


1087 votos
Votar | | | |


11-10-2023

O LGx15 de 2023 será no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro

LGx15 2023
Anunciamos a novena edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, a iniciativa da CTNL para compilar ideas, experiencias e propostas que poidan mellorar o futuro da lingua. Terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o 28 de outubro ás 19.00 h, coa colaboración da SXPL, do Concello de Pontevedra, de Deleite e da Fundación Galicia Sustentable.


O noveno LGx15 trasládase á cidade do Lérez e terá lugar o sábado 28 de outubro de 2023, ás 19.00 h, no Teatro Principal de Pontevedra. Esta nova edición continúa o formato de anos anteriores: intervencións dun máximo de 15 minutos, nas cales se transmitirán de forma visual e divertida ideas, argumentos e consellos para influír positivamente sobre o futuro do idioma, música e humor.

Nesta ocasión as persoas convidadas falarannos de lingua e educación, xogo, emprendemento, tradución audiovisual, dobraxe, banda deseñada, YouTube, comunicación... Diferentes perspectivas que nos axudarán a reflexionar sobre o futuro da nosa lingua con novos argumentos e alento reforzado para intentar influír no imaxinario colectivo arredor do idioma lanzando propostas, consellos, experiencias e ideas.

QUEN VAI PARTICIPAR?

Nesta nova edición do LGx15 intervirán as seguintes persoas:

- Paco Veiga (mestre, pedagogo e experto no estudo do xogo popular e tradicional): empregará o valor das palabras para facernos reflexionar sobre a situación lingüística actual desde a súa perspectiva como docente e divulgador do xogo popular e tradicional.

- Carlos Airas (emprendedor nos sectores deportivo e cultural): relataranos as súas experiencias e recomendacións para mellorar a situación do idioma no ámbito da empresa.

- Magdalena Sánchez (tradutora audiovisual e subtituladora): faranos unha panorámica do valor da tradución audiovisual e da dobraxe como factores normalizadores.

- Kiko da Silva (historietista, ilustrador, editor e director da escola profesional de BD O Garaxe Hermético): falaranos da importancia de crear, editar e ler banda deseñada en galego.

- Fran da Lobeira (youtubeiro, twitcheiro e presidente da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego): forneceranos receitas para mellorar a presenza da nosa lingua en YouTube.

Conducirá esta nova edición do LGx15 Neves Rodríguez, comunicadora e actriz, quen tamén nos explicará as súas experiencias e consellos para o futuro da lingua. E contaremos coa actuación musical de Xiao Berlai, guitarrista, mandolina, voz, compositor e letrista de Berlai.

CANDO E ONDE VAI SER?

A edición deste ano do LGx15 terá lugar o sábado 28 de outubro, ás 19.00 h, no Teatro Principal de Pontevedra.

QUERO IR! COMO CONSIGO AS ENTRADAS?

As entradas para o evento terán un prezo de 6 euros na venda anticipada e de 10 euros na billeteira o propio día do evento.

As entradas están dispoñibles en Internet na billeteira electrónica de Eventbrite, e tamén se poderán mercar en formato físico na Libraría Paz de Pontevedra.

AS EDICIÓNS ANTERIORES DO LGx15

A primeira edición do LGx15 tivo lugar en novembro do ano 2015, e nela participaran Luís Iglesia, Xurxo Mariño, Lara Tigre, Manuel N. Singala, Carmen Grimaldi e Xosé Lois Vilar. Contou ademais coas actuacións de AldaoLado, Alba María e Xenderal. Podes consultar os vídeos das charlas aquí.

Un ano despois foi segunda edición, que contou coas intervencións de Alberte Lamazares, Belén Regueira, Elena Ferro, Diana Fernández e David Díaz (Bolboretas no bandullo), Marcus Fernández, María Yáñez, Mark Wiersma e Rosalía Fernández Rial, coa actuación musical dos Poetarras e a presentación dos regueifeiros Josinho da Teixeira e Luís O Caruncho.

O terceiro LGx15 celebrouse en novembro de 2017 e nel participaron Alonso Caxade, Patricia Buxán e Miguel Braña, Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco, Cecilia Fernández, Iria Veiga, José Antonio Rubal, Nuria Espasandín e Pedro Brandariz, coa actuación musical de MJ Pérez e todo conducido por Vicente Mohedano.

A cuarta edición chegou en 2018 e nela interviñeron Javier Balea, Eira Losada, Mercé Barrientos, Inma Gil Rosendo, Manolo Maseda, Xema Varela, Ruth Caramés e Aquel-e. A parte musical púxoa Brais Morán e a presentación foi a cargo das regueifeiras Lupe Blanco e Alba María.

Na quinta edición, de 2019, participaron nela Rosa Aneiros, Suso López, Alba Rodríguez Carrera, Xoana, Alba Mancebo, Emilio del Río, Daunae de Vir e Roberto Rivas. Actuaron como mestres de cerimonias Os da Ría Íntimos. As charlas poden consultarse aquí.

As intervencións da sexta edición (2020) graváronse a porta pechada: Ángel Carracedo, Manuel Gago, Esther Estévez, Bea Campos, Laura Marín, Adrián Dios e Verto (Alberto Mira e Fernando Peleteiro).

A sétima edición foi en 2021 e contou coas propostas e ideas de María Vázquez, Xosé Luís Reza, Alice Piccardi, Agos Reigosa, Ana Moreiras e Paco Cerdeira Pakolas, e conduciu o evento Carlos Meixide. As charlas poden consultarse aquí.

A oitava edición regresou en 2022 á Sala Capitol e contou coas propostas e ideas de Elsa Quintas Alborés, Guido Álvarez Parga, Pradorua e Fabiana Ambroa, Pedro González Boquete, Fátima Barros, Isaac González, Beatriz Busto Miramontes e Olaia Maneiro, e conduciu o evento Lois Pérez. As charlas poden consultarse aquí.

Os vídeos destas diversas charlas poden verse no web do LGx15 e na canle de YouTube da CTNL, onde tamén se poden reproducir algúns nos eventos na súa integridade. Nesta canle mesmo se poden consultar algúns dos vídeos clasificados por temática en diferentes listas de reprodución: LGx15 e crianza, LGx15 e ciencia, LGx15 e neofalantes, LGx15 e deporte, LGx15 e medicina, LGx15 e audiovisual...

O LGx15 é un evento organizado pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o Concello de Pontevedra, Deleite e a Fundación Galicia Sustentable, pensado para o entusiasmo, a diversión, a reflexión e o futuro do galego.

Máis información no web do LGx15, no perfil de Facebook do evento e nas nosas contas de Twitter e Instagram.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego