CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


308 votos
Votar | | | |


16-10-2023

A CTNL lamenta a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
A Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua fai público un comunicado para expresar o malestar pola supresión inesperada do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol e solicita a recuperación do servizo o antes posible.


Este servizo creouse no ano 2021 ao abeiro dunha liña de axudas da Deputación da Coruña para a creación, o mantemento e o reforzo de servizos de normalización lingüística.

A finais do ano 2022 renovouse o contrato da técnica de normalización lingüística co fin de contar co servizo durante o ano 2023, mais este contrato foi rescindido antes de que acabase este período, en xullo de 2023.

As entidades locais de Galicia teñen entre as súas competencias a normalización lingüística, é dicir, a promoción do uso e do prestixio da lingua galega en todos os seus ámbitos de influencia, e os servizos de normalización lingüística son os departamentos técnicos especializados necesarios para que as entidades locais poidan exercer de forma eficaz as súas competencias en normalización lingüística.

Durante os anos que estivo en funcionamento o servizo desenvolveuse un programa amplo de actividades para promover a lingua nos concellos de Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño: celebración do Día do Orgullo Neofalante con colaboración dos centros de ensino e actividades para todos os públicos, o programa Bebegale dirixido a familias e crianzas, Deporte e lingua, Maios e lingua, seguimento das ordenanzas, compilación de recursos en liña para a mellora da calidade lingüística, etc.

Os concellos que contaban con este servizo aprobaron ademais cadansúa ordenanza de normalización lingüística, textos legais mediante os cales as entidades concretan a súa responsabilidade no fomento do uso e do prestixio do galego no ámbito municipal.

Agardamos que esta supresión non sexa definitiva e que os cinco concellos implicados poidan retomar a promoción da lingua mediante un departamento técnico que poña en marcha programas dirixidos desenvolver esta responsabilidade na comarca.

Comunicado en .pdf


Ligazóns relacionadas


Comunicado sobre a supresión do SNL da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Decembro de 2023
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego