28-11-2023Consulta ás socias e socios da CTNL
Esta breve enquisa ten como obxectivos
recollermos ideas para renovar o web, coñecermos cales son as
principais canles de comunicación entre a CTNL e socios e socias e
mellorarmos a colaboración entre as persoas que formamos parte da CTNL.
A consulta, que vos levará completar
menos de 10 minutos, está dividida en tres seccións:
-
Web da CTNL, onde poderedes indicarnos se é unha ferramenta útil de comunicación, que considerades que debe manterse cando a renovemos ou que pensades que falta.
-
Redes sociais da CTNL: onde vos preguntamos se as coñecedes e se son para vós unha ferramenta útil de contacto coa asociación, alén do boletín electrónico.
-
Participación na asociación: preguntámosvos polas actividades que desenvolve a asociación, cales preferides, en cales participades, cales credes que deberiamos desenvolver…
Podedes acceder á consulta
nesta ligazón.
A consulta estará
aberta ata o día 23 de decembro. As vosas opinións e propostas son moi útiles para a CTNL, agradecémosvos que participedes!
Boletín electrónico da CTNLNa actualidade, alén do web e as redes sociais, o boletín da CTNL é a principal canle de comunicación cos socios e coas socias. Non ten unha periodicidade estable, senón que se envía cando se produce unha nova de relevancia para vós: principalmente convocatorias de prazas, actividades formativas de interese e accións desenvolvidas pola CTNL, coma o LGx15 ou os Premios Mil Primaveras.
Se por algún motivo non estás a recibir no teu enderezo electrónico este boletín, ponte en contacto connosco en
info@ctnl.gal.