CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


183 votos
Votar | | | |


28-11-2023

Consulta ás socias e socios da CTNL

Asemblea da CTNL
Para coñecermos a vosa opinión sobre aspectos de funcionamento e comunicación da nosa asociación, na última asemblea xeral da CTNL aprobamos realizar unha consulta ás persoas asociadas. Podes cubrila aquí até o 23 de decembro.




Esta breve enquisa ten como obxectivos recollermos ideas para renovar o web, coñecermos cales son as principais canles de comunicación entre a CTNL e socios e socias e mellorarmos a colaboración entre as persoas que formamos parte da CTNL.

A consulta, que vos levará completar menos de 10 minutos, está dividida en tres seccións:

- Web da CTNL, onde poderedes indicarnos se é unha ferramenta útil de comunicación, que considerades que debe manterse cando a renovemos ou que pensades que falta.

- Redes sociais da CTNL: onde vos preguntamos se as coñecedes e se son para vós unha ferramenta útil de contacto coa asociación, alén do boletín electrónico.

- Participación na asociación: preguntámosvos polas actividades que desenvolve a asociación, cales preferides, en cales participades, cales credes que deberiamos desenvolver…

Podedes acceder á consulta nesta ligazón.

A consulta estará aberta ata o día 23 de decembro. As vosas opinións e propostas son moi útiles para a CTNL, agradecémosvos que participedes!

Boletín electrónico da CTNL

Na actualidade, alén do web e as redes sociais, o boletín da CTNL é a principal canle de comunicación cos socios e coas socias. Non ten unha periodicidade estable, senón que se envía cando se produce unha nova de relevancia para vós: principalmente convocatorias de prazas, actividades formativas de interese e accións desenvolvidas pola CTNL, coma o LGx15 ou os Premios Mil Primaveras.

Se por algún motivo non estás a recibir no teu enderezo electrónico este boletín, ponte en contacto connosco en info@ctnl.gal.

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Marzo de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30 31
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego