31-01-2024Asemblea Xeral da CTNL: 9 de marzo en Compostela (asemblea, xantar e roteiro por Compostela)
A CTNL convoca as súas socias e socios á Asemblea Xeral ordinaria de 2024, que terá lugar o sábado 9 de marzo, a partir das 10:00 da mañá na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Alén de programarmos o novo ano, nesta Asemblea escollerase unha nova Xunta Directiva. Posteriormente celebrarase un xantar na cafetería do propio auditorio e un roteiro por Compostela, aos cales poden acudir socios/as e non socios/as.
ASEMBLEA ANUAL DA CTNLA Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) reúnese en
Asemblea Xeral ordinaria o
sábado 9 e marzo, ás 10.00 h en primeira convocatoria e ás 10.30 h en segunda, na Sala Circular do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.
-Día:
sábado 9 de marzo de 2023-Hora: primeira convocatoria,
ás 10.00 h; segunda convocatoria,
ás 10.30 h-Lugar:
Sala Circular do Auditorio de Galicia (avda. do Burgo das Nacións, s/n, Santiago de Compostela)
Orde do día: 1. Lectura e aprobación da acta da asemblea anterior [
Acta da Asemblea Xeral ordinaria do 4 de marzo de 2023, en .pdf]
2. Admisión de novas/os socias/os e ratificación de baixas
3. Exposición, debate e aprobación do informe de xestión [
Informe de xestión de 2023, en .pdf]
4. Exposición, debate e aprobación do informe de contas [
Informe económico 2023-2024, en .pdf]
5. Elección de nova Xunta Directiva [
Candidatura presentada, en .pdf]
6. Exposición, debate e aprobación do plan de acción para o próximo exercicio [
Proposta de liñas de acción para 2024, en .pdf]
7. Presentación e aprobación do orzamento para o vindeiro exercicio [
Previsións orzamentarias para 2024, en .pdf]
8. Rolda aberta de intervencións
DOCUMENTACIÓN PARA A ASEMBLEAPara preparar mellor as achegas e propostas das/dos participantes na asemblea e así facermos entre todas e todos una asemblea máis áxil, dinámica, participativa e produtiva,
unha semana antes da asemblea poderá consultarse no web a documentación necesaria.
As/Os socias/os poden
enviar ao enderezo electrónico info@ctnl.gal todas as ideas e propostas que teñan e que crean que a CTNL pode desenvolver, alén de presentar propostas, suxestións e ideas na propia asemblea.
Aviso:
a documentación que estará dispoñible no web non se vai repartir impresa durante a Asemblea, para evitar un gasto de papel que adoita ser innecesario. Os/As socios/as que a necesiten para seguir os debates deben levala o día 9 de marzo en formato dixital ou impreso.
ELECCIÓN DA XUNTA DIRECTIVAA asemblea deste ano inclúe na orde do día a
elección dunha nova Xunta Directiva.
Se queres
presentar candidatura, lembrámosche que, segundo os
estatutos da CTNL, a Xunta Directiva debe estar integrada por un/unha presidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e seis vogais (art. 24) e que os cargos da Xunta Directiva terán unha duración de dous anos (art. 25).
Poderanse presentar candidaturas á Xunta Directiva até 72 horas antes da Asemblea (
até o mércores 6 de marzo, ás 10.00 h), para o que se deberá enviar a candidatura por correo electrónico a
info@ctnl.gal, e nela deberán figurar os nomes, apelidos e números de documento de identidade dos/das socios/as que a compoñen, e sempre co visto e prace desas persoas.
Convocatoria completa, en .pdfXANTAR DE CONFRATERNIDADE LINGÜÍSTICAO mesmo día da Asemblea da CTNL teremos, no mesmo espazo, na cafetería do Auditorio, un
xantar aberto de confraternidade lingüística, no cal pode participar calquera persoa interesada en compartir connosco unhas horas de conversa e boa comida.
• Lugar:
Lasso. A Cafetería do Auditorio |
https://cafeterialasso.gal/• Hora:
14.00 h• Menú: : bufete, que adoita incluír os seguintes pratos:
- bufete libre de ensalada
- crema ou sopa quente
- prato vexetariano/vegano
- prato de carne
- prato de peixe
- gornicións (normalmente arroz e pataca)
- sobremesas
• Prezo:
18 euros (inclúe auga e pan, sobremesa e café, pero non outras bebidas, que se pagan á parte). Hai un
prezo reducido para crianzas de ata 4 anos (10 euros) ou ata 10 anos (12 euros), con pan, auga e sobremesa incluída.
• Confirmación: agradecemos a
confirmación de asistencia ao xantar o máis axiña posible e, en todo caso,
até o 3 de marzo, no enderezo
info@ctnl.gal ou no teléfono
629571950.
ROTEIRO DESCUBRINDO COMPOSTELAA partir das 16.30 da tarde remataremos a xornada da asemblea cun
roteiro por Compostela guiado polo noso socio Xosé Ramón López Boullón.
Co título
Descubrindo Compostela, faremos un percorrido circular de aproximadamente unha hora e cuarto para descubrir
curiosidades sobre a toponimia compostelá. Sairemos ás 16.30 h do propio Auditorio de Galicia e finalizaremos no mesmo lugar de partida.
Para participar nesta actividade
non é necesaria inscrición.