CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

CTNL


55 votos
Votar | | | |


11-03-2024

Nova directiva da CTNL presidida por Mónica Fernández Valencia

Nova directiva da CTNL
Na Asemblea Xeral que tivo lugar o sábado 9 de marzo foi elixida, por unanimidade, a nova directiva da CTNL, que encabeza Mónica Fernández Valencia, con Paula Soto como secretaria e Xesús Mosquera como tesoureiro. Na asemblea tamén se deu conta do traballo do último ano e debatéronse as liñas de acción para 2024.


Este sábado tivo lugar a Asemblea Xeral ordinaria da CTNL, a cita anual para analizar o traballo realizado durante o exercicio pasado e para aprobar as accións que se levarán a cabo durante o actual. Alén disto, tamén se elixiu unha nova Xunta Directiva.

Presidirá este órgano da asociación Mónica Fernández Valencia, quen estará acompañada por Paula Soto Viñas (técnica de normalización lingüística do Concello de Moaña), como secretaria, Xesús M. Mosquera Carregal (técnico de normalización lingüística da Universidade da Coruña), como tesoureiro, e as/os vogais Inmaculada Seage Freire (técnica de normalización lingüística dos concello de Rois e Dodro), Manuel Reices Vilar (redactor-corrector da Deputación de Pontevedra), Marta Besada Oreto (técnica de normalización lingüística do Concello de Santiago de Compostela), Xosé Ramón López Boullón (docente de ensino secundario), Fátima Souto Muñiz (técnica de normalización lingüística e exbolseira do SNL do Concello de Ames) e Anxos Sobriño (lingüista da Audiencia Provincial de Pontevedra).

A nova presidenta, Mónica Fernández Valencia (Ourense, 1970), é licenciada en Filoloxía Hispánica, subsección Galego-Portuguesa, pola pola Universidade da Coruña. Traballou como docente de lingua galega para adultos e no ámbito da animación sociocultural. Desde 2007 é técnica de normalización lingüística no Concello de Ourense. Foi coordinadora das catro primeiras edicións do proxecto Youtubeir@s (Premio Mil Primaveras en 2019 como proxecto máis innovador). Desde 2020 ata este sábado foi secretaria da CTNL e na actualidade forma parte da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (Consello da Cultura Galega).

Liñas de acción para 2024


Na asemblea tamén se deu conta do traballo desenvolvido durante o último ano e aprobáronse as liñas de acción para 2024, que incluirán unha acción formativa, o LGx15, que chegará á súa décima edición, os Premios Mil Primaveras ou o proxecto de difusión de regalos en galego Agasallo.

Así mesmo, farase seguimento da política lingüística das institucións, difusión das convocatorias de prazas e axudas, información sobre accións para a mellora do uso e prestixio da lingua etc.

Renovación do web, canle de Telegram e actualización do manual de xestión administrativa

Unha das accións que se aprobou é o a renovación do web da CTNL para convertelo nunha ferramenta de comunicación máis moderna, áxil e accesible. Tamén se aprobou, de acordo coas propostas extraídas da consulta aos/ás socios/as, a creación dunha canle de Telegram para termos unha comunicación máis fluída coas persoas asociadas. E, como proposta logo do curso desenvolvido o ano pasado, actualizarase o manual de xestión administrativa elaborado en 2011, co fin de adaptalo á lexislación actual.

Liñas de acción para 2024, en .pdf


Ligazóns relacionadas


Liñas de acción de 2024

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Abril de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
    1 2 3 4 5 6 7
    8 9 10 11 12 13 14
    15 16 17 18 19 20 21
    22 23 24 25 26 27 28
    29 30      
    Próximos eventos

    • Asociate á CTNL
    • Agasallo. Propostas de regalos en galego
    • LGx15
    • Premios Mil Primaveras
    • Viveiro de propostas normalizadoras
    • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
    • Envianos
    • Canles de novas da CTNL
    • Facebook da CTNL
    • Twitter da CTNL
    • Instagram da CTNL
    • Kit para a normalización en rede
    • Proxector
    • Queremos Galego
    • Eu.gal: Por un dominio galego