CTNL

Actualmente non ten instalado ou necesita actualizar o plugin Flash Player necesario para visualizar correctamente esta web
pode descargalo na siguiente dirección.
Obtener Flash

A CTNL formámola... A CTNL formámola...
Recursos na rede Recursos na rede

Convocatorias


626 votos
Votar | | | |


06-04-2024

A Deputación de Pontevedra convoca as axudas anuais para creación, mantemento e reforzo de SNL

Deputación Provincial de Pontevedra
O BOP de Pontevedra do 5 de abril publicou as Bases de subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2024. No mesmo BOP publícase o extracto desta convocatoria, que sinala o prazo para presentar as solicitudes: até o 6 de maio.


A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOP do 5 de abril de 2024, as bases das subvencións para a creación, mantemento e reforzo de SNL dirixidas aos concellos e outras entidades locais da provincia de Pontevedra para o ano 2024. No BOP do mesmo día publicouse o extracto da convocatoria.

MODALIDADES DE AXUDAS

A convocatoria establece tres modalidades de axudas:

- creación de novos servizos de normalización lingüística

- mantemento de servizos de normalización lingüística xa existentes

- reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

- Para a creación de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes ou ben as agrupacións de concellos, mancomunidades ou entidades locais menores da provincia.

- Para o mantemento de SNL: concellos da provincia de Pontevedra dun máximo de 50.000 habitantes que no momento da publicación desta convocatoria teñan creado e en funcionamento un SNL.

- Para o reforzo de SNL: concellos que conten con SNL e queiran melloralo contratando máis persoal ou incrementando a xornada do persoal existente.

PERFIL TÉCNICO E FUNCIÓNS DOS SNL

A Deputación Provincial de Pontevedra detalla na convocatoria os requisitos de titulación dos técnicos/as de normalización lingüística e publica unha relación pormenorizada das funcións que debe desenvolver un servizo de normalización lingüística, entre as que se inclúen funcións xerais, de dinamización sociolingüística, de formación sociolingüística, de asesoramento lingüístico interno e de coordinación entre a Deputación e os concellos (base oitava da convocatoria).

PERÍODO QUE ABRANGUE A SUBVENCIÓN

Do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2024.

ORZAMENTO E CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS

O orzamento total das axudas será de 200.000 euros.

As contías máximas por SNL e modalidde de axuda son as seguintes:

- creación de novos servizos de normalización lingüística: subvenciónase cun máximo de 35.000 euros, que pode supor o 100% do gasto de persoal, co compromiso adquirido de manter o devandito servizo nas dúas anualidades seguintes e de dotalo nos seus orzamentos económicos coas cantidades correspondentes polas porcentaxes restantes do seu custo salarial.

- mantemento ou reforzo de servizos de normalización lingüística xa existentes: subvenciónase cun máximo de 25.000 euros, que pode supor até un 80% do gasto de persoal.

Se o orzamento total asignado non for suficiente debido a un número elevado de solicitudes, darase prioridade ás axudas para a creación de SNL e repartirase o crédito dispoñible entre as entidades beneficiarias da liña de mantemento e reforzo de SNL.

Do mesmo xeito, de existir aforro tras a repartición das cantidades, e en función do número e do importe das subvencións solicitadas, as axudas incrementaranse proporcionalmente ata chegar ao máximo establecido na base sétima da convocatoria: 100% para a creación de SNL e 80% para o reforzo e o mantemento.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria e do extracto no BOP, é dicir, até o 6 de maio.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS

De acordo coas bases e co extracto da convocatoria, o prazo de xustificación das axudas remata o 28 de febreiro de 2025.

Bases en .pdf (BOP do 5 de abril de 2024)

Extracto en .pdf (BOP do 5 de abril de 2024)

ADDENDA

Anuncio das axudas concedidas no primenro trimestre de 2024, en .pdf (BOP do 18 de xullo de 2024)

Utiliza a nova

Enviar por Email  Enviar nova
Redes sociais  Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Comentarios


Hemeroteca:  2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024

Avisos

    mes anterior
    Novembro de 2024
    mes seguinte
    Calendario da axenda de Artezanía de Galicia
    L M M X V S D
            1 2 3
    4 5 6 7 8 9 10
    11 12 13 14 15 16 17
    18 19 20 21 22 23 24
    25 26 27 28 29 30  
    Próximos eventos

      • Asociate á CTNL
      • Agasallo. Propostas de regalos en galego
      • LGx15
      • Premios Mil Primaveras
      • Viveiro de propostas normalizadoras
      • En defensa do traballo xusto e ilusionante dos SNL
      • Envianos
      • Canles de novas da CTNL
      • Facebook da CTNL
      • Twitter da CTNL
      • Instagram da CTNL
      • Kit para a normalización en rede
      • Proxector
      • Queremos Galego
      • Eu.gal: Por un dominio galego